O IGVS autoriza o uso do Centro Social de Maiores da Bandeira
Na sala, que ocupa o baixo das vivendas sociais, instalarase tamén a oficina de Correos
O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) vén de autorizar ao Concello de Silleda a ocupación temporal do local situado nos baixos das vivendas sociais da Bandeira, onde se ubica o Centro Social dos Maiores nesta localidade.
O local, cunha superficie total de 430,39 metros cadrados foille cedido ao Concello no ano 1999 por un periodo de 10 anos. Pero pese a que se instalou alí o Centro Social dos Maiores, o anterior goberno non abonou o pago da débeda polo IVE, pese a ter realizado as correspondentes reformas.
“Tivemos que incluir a débeda nun recoñecemento extraxudicial de crédito para poder acadar esta cesión”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, advertindo que a resolución vén a regularizar a situación destas dependencias.
Ademais, a proposta da Alcaldía, acordouse pedir ao IGVS xa no mes de xullo un espazo de 10,70 metros dentro do local, para instalar a oficina de Correos, e evitar así o peche deste servizo na localidade. Os responsables de Correos xa deron no seu día o visto bo a estas instalacións. “Con esta medida garantimos que os veciños da Bandeira e das parroquias do seu entorno sigan dispoñendo do servizo de Público e Estatal de Correos, xa que de non ter outra alternativa, terían que desprazarse ata as oficinas que a entidade ten en Silleda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario