INICIO DO CURSO ESCOLAR, 2012-2013
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
hoxe mércores 12 de setembro, iníciase un novo curso na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, sita na Rúa Betanzos, 55 na Almáciga.
Neste novo curso, a EMM incrementa notablemente a súa matrícula, superando xa os 300 alumnos/as, aínda que non ten finalizado o período de matrícula, que seguirá aberto ata finais de mes.
O plan educativo deste centro estrutúrase en 3 etapas:
A Escola Infantil de Música, de 3 a 7 anos, onde os nenos/as inícianse no mundo da música.
PEX: Plan de Estudos Xeral, que acolle ao alumnado entre 8 e 15 anos.
PEPA: Plan de estudos para adultos.
Para este curso temos que salientar que se amplia o curso de instrumentos para nenos de idades temperás, a partir dos 3 anos nas especialidades de: trompeta, trombón, contrabaixo, violonchelo, violín e percusión no que se estima unha matrícula de 40 novos alumnos/as.
Por outra banda temos que sinalar que as prazas disponibles na especialidade de música e movemento e de iniciación ao linguaxe musical están cubertas na súa totalidade.
Tamén cómpre chamar a atención sobre o salto cualitativo que se vai producir neste novo curso escolar, no Departamento de Música Tradicional, no que por primeira vez poñerase en marcha unha orquestra de música tradicional na que participarán 37 membros, que complementa as xa existentes: Banda de Música, Orquestra, Agrupacións de Cámara e Música Moderna.
Nos próximos días terá lugar un acto de inauguración, no que o claustro de profesores, as familias, así como o Alcalde e a Concelleira de Educación darán por iniciado un curso escolar no que confiamos se produza un novo impulso da actividade musical desta institución educativa e a súa conexión coa cidadanía de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario