Axenda xoves 13 - Santiago, Tráfico, Oroso, Ames

SANTIAGO

Xoves 13

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.15 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitan o CEIP Lamas de Abade, invitados polo director do centro.

12.45 hNa Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Compostela Rock para este cuatrimestre.

Corte de tráfico con motivo das festas da Gracia
Con motivo das festas patronais da parroquia da Gracia, a estrada comprendida entre o cruce de San Silvestre (San Caetano) e o campo da festa permanecerá cortada ao tráfico dende as 15:00 horas do venres 14 ata as 12:00 horas do luns 17.
Ademais, a estrada comprendida entre o campo da festa e A Escadiña quedará cortada dende as 7:00 horas do sábado 15 ata as 12:00 horas do o luns 17. Finalmente, a estrada que atravesa o campo (diante da igrexa), estará cortada dende as 9:00 horas do sábado 15 ata as 12:00 horas do luns 17.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

OROSO - TRÁFICO
O Concello de Oroso anuncia a prohibición de estacionar en dúas rúas de Sigüeiro entre as 8:00 e as 18 horas do venres 14 de setembro debido á celebración da primeira etapa da XI Volta Ciclista a Galicia, con saída e meta en Sigüeiro. A prohibición de estacionar afectará á Praza Isaac Díaz Pardo e á rúa da Cultura mentress que os cortes puntuais se producirán nas principais rúas do centro de Sigüeiro: Xuncal, Lengüelle, Deporte e Camiño Inglés. 
No caso da avenida da Garabanxa, unha das vías máis transitadas do municipio, os cortes de tráfico só terán lugar durante a saída (14:00 horas) e chegada (prevista entre as 17:20 e as 17:34 horas). O Concello de Oroso mobilizará a todos os efectivos de Protección Civil, da Policía Local e da Brigada Municipal de Obras e Servizos para tratar de paliar ao máximo as molestias que a proba poda ocasionar entre os veciños. Así mesmo, o Concello repartiu dípticos e follas informativas entre a veciñanza para que teñan cumprida información sobre estes cambios temporais na circulación de vehículos na parte este de Sigüeiro.

AMES

Tour Galicia Calidade  -              máis información 

CENTRO DE TRANSFUSIÓN
FRADES
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE DE PONTECARREIRA
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00 

MILLADOIRO(AMES)
UNIDADE MÓBIL NA RÚA CRUXA (AO CARÓN DE SUPERMERCADOS EL ÁRBOL)
15:30 - 21:00

Ningún comentario: