A parroquia ordense de Leira ultima detalles para celebrar esta fin de semana a súa tradicioal romería de Santa Eufemia
As orquestas Fania Blanco Show, La Bámbola, Estrellamar e París de Noia participan nesta cita, que tamén estará animada por Embruxo de Leira
En colaboración co Concello de Ordes este próximo domingo e o luns a parroquia de Leira celebrará a súa tradicional romería de Santa Eufemia.
No primeiro dos días haberá unha misa solemne ás 13.30 horas tras a que se dará paso á sesión vermú que correrá a cargo da orquesta Fania Blanco Show. Xa pola tarde volverá a haber misa ás 19 e ás 20 horas e posteriormente dará comenzo a verbena nocturna, que contará novamente coa orquesta Fania Blanco Show e La Bámbola. Ademais de todo isto durante todo o día na parroquia resoarán os ritmos e a música de charanga e a dos gaiteiros Embruxo de Leira.
De cara o luns o programa inclúe unha misa solemne ás 13.30 horas. Tanto a sesión vermú como a cita nocturna contará coa actuación da orquesta Estrellamar. Acompañándoos neste último pase estará tamén a orquesta París de Noia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario