O CONCELLO DE TEO DESTACA A BOA ACOLLIDA DA TARXETA SOCIAL METROPOLITANA NOS TRES PRIMEIROS MESES DE FUNCIONAMENTO
A tarxeta bonifica o 50% dos 20 primeiros viaxes de autobús cada mes para colectivos como xubilados, persoas con discapacidade ou parados de longa duración
Anxo Rei, edil de Transportes, destaca “a racionalización do gasto que supuxo a posta en funcionamento da tarxeta que veu a sustituir o programa municipal anterior”
Concello de Teo destaca a boa acollida da Taxeta Social Metropolitana nos tres primeiros meses de funcionamento. A tarxeta comezou a funcionar o 1 de maio e o edil de Transportes, Anxo Rei, conta cos datos de maio, xuño e xullo completos. “Cos datos deste trimestres podemos amosarnos satisfeitos pola boa acollida do sistema, pola cantidade de usuarios dados de alta e pola racionalización do gasto que supuxo a posta en funcionamento da tarxeta”.
Neste momento o Concello xa deu de alta 259 tarxetas. O mes de maio foi no que máis usuarios/as a fixeron, un total de 204. Dende aí o nivel de altas baixou considerablemente rexistrándose 30 nos mes de xuño e 25 no mes de xullo. Este novo sistema de subvención ó transporte bonifica o 50% dos 20 primeiros viaxes de autobús de cada mes a tres colectivos: maiores de 65 anos con ingresos inferiores a 798,76 euros ó mes, persoas cun 65% de discapacidade e ingresos inferiores a 798,87 euros ó mes, e persoas con máis de doce meses en situación de desemprego, sen ingresos e que teñan traballado doce meses nos últimos cinco anos.
Anxo Rei explica que “entendemos que o groso das persoas beneficiarias xa se teñen dado de alta no servizo e supoñemos que as altas novas serán xa unha cantidade moi pequena cada mes”. Esto permite planificar o gasto mensual do servizo que variará segundo o uso que fagan as persoas que teñen tarxeta pero que se move ó redor dos 500 euros ó mes que debe pagar o Concello. No mes de maio o importe da subvención municipal, que se calcula en función das viaxes usados polos beneficiarios, foi de 424 euros, no mes de xuño foi de 554 e no mes de xullo de 489. Respecto ás viaxes subvencionadas en maio foron 1.123, en xuño 1.478 e en xullo 1.291.
A nota tarxeta social metropolitana funciona en todos os Concellos da área metropolitana de Santiago a partir do 1 de maio de 2012 e permitiralles aos veciños de Teo trasladarse desde calquera parada de autobús do Concello de Teo ata a cidade de Santiago, e mesmo realizar un transbordo nos 60 minutos seguintes sen custo adicional.
Actualmente, o custo do percorrido coa Tarxeta Metropolitana é de 0,78 euros. Coa tarxeta social, este prezo redúcese á metade. Esto é, será de 0,39 euros por percorrido, incluído o transbordo citado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario