A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez maila concelleira de Benestar Social, María Jesús López, portavoz do Partido Popular de Melide, mantiveron unha xunta de voceiros locais convocada pola alcaldesa cun único punto na orde do día a situación na Escola Infantil.
A alcaldesa cos papeis na man desbancou todas as mentiras que o BNG está vertendo a través dos medios de comunicación sobre a Escola Infantil.
Ánxeles Vázquez instou ao representante local do BNG á que respondera as acusación vertidas sobre a súa persoa e sobre o grupo popular sobre ameazas e presións as traballadoras da gardería.
Á rexente popular mostrou ás matrículas, o horario e a distribución das aulas, achegando en todo momento toda a documentación por escrito tanto de solicitudes como da resolución de autorizacións por parte da Consellaría de Traballo e Benestar de quen depende este ente, ao igual que o calendario para o curso 2012/2013 aprobado por dita consellaría. Actualmente hai 5 unidades en funcionamento, a primeira de 0-1 anos con 8 prazas, dúas aulas de 0-3 anos de 15 prazas cada unha e outras dúas aulas de 2 – 3 anos de 20 prazas respectivamente. Achegou igualmente os contratos das mestras educadoras, así como as queixas rexistradas que son dúas: unha delas pertencente á irmá do voceiro do BNG. A alcaldesa dixo lamentar en todo momento que si intente desacreditar unha Escola Infantil e botar por terra o traballo das coidadoras que dende o seu comezo no ano 1997 sempre foi intachable. Da mesma forma, instou ao BNG a que recorra onde crea preciso se entende que se está producindo alguha ilegalidade, cousa que quedou máis que clarificada coa documentación aportada por alcaldía. Lamentando por outro lado, que o BNG teña que cambiar a versión cada día que trascorre ao non ter fundamento algún as acusacións vertidas, que son consideradas polo grupo popular como moi graves. Por outra banda, e aclarado o tema que máis lle preocupa tanto a rexente popular como o grupo de goberno, o seguinte punto foi preguntarlle ao BNG sobre as inxurias e calumnias que están vertendo sobre a persoa da alcaldesa que tildan de ameazas, presións, acoso entre outras, e dando a oportunidade para que así conste en acta de que se diga a quen vai dirixido o acoso, a ameaza,a presión, o medo, dónde ocorre e cara quén. O BNG abstívose de respostar á dita cuestión planteada, motivo polo que Ánxeles Vázquez dixo que tomaría as medidas legais oportunas, xa que en política non todo vale.
Ningún comentario:
Publicar un comentario