Ordes - iniciada a reforma da casa do concello

Iniciada a remodelación do antigo consistorio de Ordes
Manterase a antiga fachada exterior e dotarase cunha nova estructura interna
O Concello de Ordes iniciou esta mañá as obras de arranxo e remodelación do antigo consistorio. Éstas inclúen o mantemento da antiga fachada exterior e a construcción dunha nova estructura interior. Unhas obras incluidas na primeira fase do proxecto de construcción do novo Concello e que contou cunha subvención de 693.000 euros por parte da Xunta. Un dos principais obxetivos desta iniciativa foi a de dotar ós veciños e veciñas dunhas modernas instalacións con total acceso para as persoas que presentan algún tipo de diversidade funcional.

Con máis de 60 anos de antigüidade a antiga casa consistorial presentaba unha serie de deficiencias e un elevado grao de deterioro nos materiais cos que se construiu, motivo polo que a intervención sufriu un retraxo no seu periodo de execución. Cunha data de finalización de obras prevista para o 30 de xuño do vindeiro ano, o inmoble albergará entre outros servizos municipais o salón de plenos, despachos e salas de xuntas

Ningún comentario: