Silleda - mañán comezan as obras do campo de futbol do Laro

A Concellería de Deportes inicia mañán as obras para dotar de herba natural ao campo do Laro F.C. 
A alcaldesa, Paula Fernández, e o presidente do clube silledense, Manuel Luis Gil Castro, asinaron hoxe o convenio sobre a cesión e uso das instalacións
O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, destaca que estas obras son posibles “ao contar coa colaboración do clube, ao igual que aconteceu en Lamela”

A concellería de Deportes de Silleda, que dirixe Klaus Brey, comenzará o vindeiro luns as obras de mellora e reforma do campo de fútbol de Agro Novo, na parroquia silledense de Laro. O terreo de xogo contará coa dotación de herba natural, ao igual que se fixo no campo de Mularedos, en Lamela. 

O Concello de Silleda asumirá o custe dos traballos, contando coa colaboración do clube de fútbol de Laro, “unha condición indispensable para realizar esta actuación”. O seu presidente, Manuel Luis Gil Castro, asinou esta maña coa alcaldesa, Paula Fernández Pena, un convenio para a realización das obras similar ao que se asinou co Lamela C.F.

Os traballos, segundo explica o concelleiro de Deportes, consistirán na dotación de herba natural e de todos os dispositivos que implica esta instalación. Así, o campo prepararase para a instalación dun sistema de drenaxe e outro para o rego automático. Tamén haberá que acometer a construcción dun pequeno almacén para resgardar os depósitos de auga para o rego. 

O clube, que este ano ascendeu á categoría de Primeira Autonómica, encargarse, segundo se especifica no convenio, encargarase do mantemento das instalacións. Este acordo, que Gil Castro rubricou xunto coa alcaldesa, Paula Fernández Pena, establece que o Concello, como titular das instalacións, cede o uso preferente das mesmas ao Laro F.C., así coma o compromiso da Administración local na realización das melloras (a dotación da herba, drenaxes, rego, gastos de enerxía eléctrica...).

O presidente do clube amosou a súa satisfacción polo inicio das obras, que se acometerán con personal municipal.

“Dende o Concello estamos a facer un gran esforzo para mellorar as instalacións e recintos deportivos do municipio, pero sempre contando coa colaboración dos clubles e entidades deportivas”, engade o concelleiro de Deportes, destacando tamén a total colaboración do clube de Laro. Xa en setembro do pasado ano, as máquinas da Mancomunidade Terras do Deza, e operarios municipais traballaron no campo de Agro Novo para anivelar o campo, que actualmente está en terra.

Ningún comentario: