Ordes - o concello acolle o "seminario dinamizar para emprender"

Ordes acollerá o seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da cultura emprendedora’
Terá lugar ó 10 de outubro na Casa da Cultura e entre os seus obxetivos máis inmediatos está o fomento do autoemprego. Poderán participar estudantes, parados e traballadores en activo
O próximo 10 de outubro o salón de actos da Casa da Cultura de Ordes acollerá de 10 a 13 horas a celebración do seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da cultura emprendedora’, cuxo principal obxetivo é o fomento da cultura emprendedora e do autoemprego. Unha inciciativa cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 28 de setembro na axencia de emprego e desenvolvemento local, ubicada no primeiro andar da casa coonsistorial. 

O programa terá unha duración aproximada de 3 horas nas que se abordarán aspectos relacionados cos emprendedores, as ideas que estes pretenden desenvolver, así como a súa posta en marcha. Ademais se contará coa intervención dun emprendedor local, que tamén participará no debate que pechará o encontro. 

Para levar a cabo este seminario aplicarase unha metodoloxía adaptada a un amplo abano de destinatarios, que abranguen dende persoas con inquedanzas emprendedoras desempregados, traballadores en activo e estudantes. 
O seminario ‘Dinamizar para emprender. Seminario para a difusión da cultura emprendedora’ está organizado pólo centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galícia) e o Concello de Ordes. Os interesados poden obter mais información a través do telefono 981 680 002.

Ningún comentario: