A AULA DE MÚSICA DE OROSO ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO 2012-13, QUE PERMANECERÁ ABERTO ATA O VENRES 14 DE SETEMBRO
A aula de música de Oroso abríu o luns 10 de setembro o prazo de inscrición no curso 2012-2013. Trátase das últimas prazas dispoñibles, despois da renovación de praza por parte dos alumnos do pasado curso, polo que a inscrición realizarase por rigorosa orde de anotación.
O prazo de inscrición remata este venres 14 de setembro no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 69 09 03). Os prezos son de 70 euros, para empadroados, e 98 euros, para non empadroados, que se poden aboar a través da web municipal (www.concellooroso.com). En todo caso, terán preferencia os rapaces empadroados en Oroso. Ademais, o Concello de Oroso establece descontes para familias numerosas ou cando participen dous irmáns na aula de música.
A Aula de Música combinará cada semana unha hora de linguaxe musical, en grupos de ata un máximo 12 alumnos, con clases individuais de instrumento, de media hora. A programación educativa desenvolverase de luns a venres en horario de tarde nun inmoble habilitado o pasado mes de xaneiro polo Concello de Oroso para esta finalidade (pois con anterioridade acollía as dependencias do antigo centro de saúde de Sigüeiro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario