A cantante Lucía Pérez animará esta fin de semana as festas de Santa Cruz de Montaos, no Concello de Ordes
As orquestas Principal, Salsa Rosa e Bahía Blanca tamén estarán presentes nas celebracións que terán lugar este venres e sábado
Os veciños e veciñas da parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos prepáranse para vivir unha fin de semana de celebracións, debido á festa na honra a Santa Cruz.
Os actos arrancarán hoxe venres a partir das 13.30 horas cunha misa solemne, tras a que haberá unha sesión vermú a cargo da orquesta Principal. Xa pola noite os integrantes desta formación volverán a subir ó escenario, esta vez acompañados da orquesta Salsa Rosa.
Mañán sábado 15 de setembro novamente volverá a haber unha misa solemne ás 13.30 horas. Posteriormente a orquesta Bahía Blanca animará a todos os presentes tanto na sesiòn vermú como na verbena nocturna. Unha noite na que ademais a eurovisiva Lucía Pérez fará bailar a todos co seu éxito 'Que me quiten lo bailao', entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario