Hoxe comeza o I Torneo de Fútbol Base de Silleda
Participarán 16 equipos en cada cada categoría (Alevín e Benxamín) .Ademais da escola anfitriona e outros equipos da comarca estarán o Balaídos, de Vigo, o Bertamiráns ou o Conxo cun equipo íntegramente feminino
Nas dúas xornadas, sortearanse senllas camisetas camisetas adicadas polo dianteiro silledense Joselu, unha do Castilla e outra do Hoffenheim, equipo alemán no que milita agora
O campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda agarda esta fin de semana a milleiros de persoas coa celebración do primeiro torneo de fútbol base, que supón a estrea da Escola de Fútbol de Silleda. O certame, na modalidade de Fútbol 8, arranca mañá sábado ás 09.30 horas na categoría de Benxamín (nen@s de 8 e 9 anos) e seguirá o domingo na de Alevín (nenos nenas de 10 e 11 anos).
En total participarán 32 equipos, (16 por cada unha das categorías). Ademais da escola silledense e doutras formacións da comarca de Deza e Tabeirós, coma a Escola de Fútbol de Lalín, o Cruces ou o Callobre entre outros, estarán presentes formacións de distintos puntos de Galicia, coma o Balaídos (de Vigo), o Bertamiráns, Compostela ou o Conxo, que participa no torneo de Silleda cun equipo alevín íntegramente feminino.
O torneo comezará, nas dúas xornadas ás 09.30 horas e rematará ca gala final ás 20.00 horas, coa entrega de premios. Haberá trofeos para todos os equipos participantes neste primeiro certame de fútbol base de Silleda.
Tamén se sortearán camisetas do xogador silledense Joselú. O sábado tócalle á que vestiu nas filas do Real Madrid e o domingo á do seu equipo actual, a do Hoffenheim (os sorteos serán émbolos dous días entre as 18.00 e as 19.00 horas)..
A organización tamén agradece a colaboración dos pais e nais dos alumnos da Escola de Fútbol de Silleda, que brindan a súa axuda para que o torneo se celebre con éxito.“Dende a Escola de Fútbol seguiremos apostando pola organización de torneos coma estes e doutras actividades para dinamizar a entidade e motivar tamén aos rapaces e rapazas”, apunta o concelleiro de Deportes, Klaus Brey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario