Axenda luns 10 - Santiago, tráfico, Centro Transfusión

Santiago


9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa Cultura Viva. Fai túa Compostela.

11.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do novo corrector ortográfico Galgo.

12.00 hNa Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

Corte de tráfico na rúa Canteiras do Sar
Con motivo da instalación dunha toma de terra para o tendido electrico, a rúa Canteiras do Sar permanecerá cortada, á altura dos números 60 e 39, dende o vindeiro martes, 11 de setembro, ata o xoves 13.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes a través da rúa do Cruceiro do Sar, ata os números 33 e 34, e a través de Picaños, ata os números 39 e 60. O acceso a Angrois realizarase por Picaños ou polo Camiño Real de Angrois. 
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Cambios polo horario de inverno dos autobuses urbáns consultar

Centro de Transfusión

ORDES
UNIDADE MÓBIL DETRÁS DO CONCELLO
(ENTRE OS PARQUES MUNICIPAIS)
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00 

JEALSA I (BOIRO)
UNIDADE MÓBIL NA EMPRESA
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00 


¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí


Ningún comentario: