Santiago
Mércores 12
10.30 h
No Salón Verde da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinan un convenio para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET). (SÓ GRÁFICOS). Declaracións ao remate.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, e dos presidentes de Santiago Centro, José María Fernández, e Compostela Monumental, José Manuel Bello, para presentar os seminarios para o comercio que se desenvolverán dentro do programa Santiago Investors Support.
12.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o xerente da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch, para presentar o Programa de Abono 2012-2013 do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia.
12.30 hNo CEIP Ramón Cabanillas (José Antonio Souto Paz, 5), a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á apertura do curso escolar.
Corte de tráfico na rúa Canteiras do Sar
Con motivo da instalación dunha toma de terra para o tendido electrico, a rúa Canteiras do Sar permanecerá cortada, á altura dos números 60 e 39, dende o vindeiro martes, 11 de setembro, ata o xoves 13.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes a través da rúa do Cruceiro do Sar, ata os números 33 e 34, e a través de Picaños, ata os números 39 e 60. O acceso a Angrois realizarase por Picaños ou polo Camiño Real de Angrois.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.
Brión
Pleno ordinario de setembro máis información
VIRIATO (ORDES)
UNIDADE MÓBIL
NO APARCADOIRO
10:00 - 14:00
15270 PZA. CONCHIÑAS (A CORUÑA)
UNIDADE MÓBIL
NA PRAZA DAS CONCHIÑAS
15:30 - 21:00
URDILDE (ROIS)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA
16:00 - 21:00
ESCURIS-BAIUCA (POBRA DO CARMIÑAL)
UNIDADE MÓBIL NA FACTORÍA
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario