Nacho Vegas inaugura a nova temporada de ciclo Íntimo&Acústico
O cantautor dará o concerto acompañado, desta vez, pola súa banda ao completo
As entradas están xa a venta na billeteira do Principal e en Novagaliciabanco a un prezo de 20€ (18€ no anfiteatro) anticipadas; e o propio día a 22€ (20€ no anfiteatro)
Logo do parón estival, o ciclo da concellaría de Cultura Íntimo&Acústico volve cunha nova temporada cargada de música de calidade. E inaugúrase cun concerto moi especial que dará Nacho Vegas acompañado da súa banda ao completo o vindeiro venres, 14 de setembro a partir das 21.00h no Teatro Principal.
Nacho Vegas é hoxe en día un dos cantautores do que podemos chamar ’indie’ máis prolíficos do noso país. Foi membro fundador de Manta Ray, formación que alcanzou reputación internacional a nivel de crítica grazas a un persoal son e á súa sólida posta en escena. A finais da década dos noventa, Vegas abandonou o grupo para desenvolver unha carreira en solitario que, polo momento, deu lugar a catro álbums baixo o seu selo e multitude de cortes repartidos en recompilatorios, discos de colaboración, split-singles, mini-CD’s e mesmo bandas sonoras como Verdá ou consecuencia para a televisión asturiana.
Os últimos traballos baixo o seu nome foron: en 2005 o single ‘El hombre que casi conoció a Michi Panero’ (con 3 temas inéditos) con eleoclip da súa carreira, o LP ‘Desaparezca aquí’ (frase recorrente dun dos seus escritores preferidos Bret Easton Ellis), e o EP en vinilo ‘Esto no es una salida’ (ao que acompañaban o texto dun relato inédito até a data e o mesmo audio en formato CD); en 2006 o dobre CD ‘El tiempo de las cerezas’, disco que comparte co aragonés Enrique Bunbury ex cantante de Héroes del Silencio e que lle levou a pisar por primeira vez terras aztecas, e en 2007 o mini-CD ‘Verano fatal’ no que colabora coa cantautora Christina Rosenvinge. No disco inclúense cancións escritas por ambos os como a homónima "Verano fatal", "Humo", e “ Me he perdido”, outras escritas por Rosenvinge como "No lloro por ti", "Ayer te vi" e "No pierdes lo que das" e unha máis escrita por Vegas "Que nos parta un rayo" parafraseando no título un disco anterior de Rosenvinge "Que me parta un rayo". Á publicación segue unha xira durante o 2007-08. As alusións de ambos nas súas cancións á súa relación sentimental serán a partir de aí unha constante nos seus discos posteriores.
O 1 de decembro de 2008 Nacho Vegas publicou o que, até agora, é o seu último traballo, "El manifiesto desastre", un long play con 11 temas gravados (máis unha canción extra) entre os meses de xullo e agosto dese mesmo ano da man do produtor musical Paco Loco. En 2009 comezou unha nova xira presentando "el manifiesto desastre" que deu comezo en Valladolid o día 23 de xaneiro. A finais do ano editouse o álbum en formato dobre LP.1
O 5 de outubro de 2009 saíu á venda o EP El género bobo (Limbo Starr), que contiña cinco cancións inéditas e que contou co deseño do pintor Luís Díez. En outubro de 2010 anunciou o cesamento da súa relación coa discográfica Limbostarr, para enrolarse no seu propio selo discográfico: Marxophone. Dando a coñecer tamén a data de lanzamento do seu proximo L.P. cuxo título tentativo é: "La zona sucia" e será editado en febreiro de 2011 con licenza copyleft. En febreiro de 2011 publícase "A zona sucia" e en novembro de 2011 edita o EP "Como facer crac".
Venta de entradasA venta de entradas para o concerto, que vai a moi bo ritmo, está a facerse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h.); e en Novagaliciabanco, tanto en internet na páxina http://entradas.novagaliciabanco.es coma no teléfono 902 43 44 43. O prezo das entradas é de 20€ (18€ para o anfiteatro) para as entradas en venta anticipada; e 22€ (20€ no anfiteatro) para as que se merquen o propio día do concerto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario