Silleda - remate das obras o carón da estación eléctrica de Carboeiro

Rematan as obras de mellora xunto a subestación eléctrica da parroquia de Carboeiro
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, visitou hoxe co director do proxecto de Red Eléctrica as inmediacións da instalación, onde os veciños reclamaron dotacións como a canalización de augas
A obras de mellora complementarias á construcción da subestación da compañía Red Eléctrica, na parroquia silledense de Carboeiro, están xa rematadas. O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, visitou hoxe as instalacións e os seus arredores acompañado do director do proxecto da subestación, que abastece a outra cercana do Adif, para alimentar a liña Santiago-Ourense do TAV.
Nos arredores da subestación xa está listo o novo acceso para vehículos agrícolas, tal e como solicitaron os veciños da zona, ao quedar anulado outro con demasiada pendente. Este novo camiño está situado xusto á beira da entrada da instalación eléctrica.
Así mesmo, tamén se executaron obras para a recollida de augas, outra das peticións veciñais. Así, colocaronse arquetas e canalizacións para dar saída as pluviais e evitar as escorrentías. Tamén se perfilaron as cunetas nas beiravías da estrada situada xunto á subestación. 
Estas obras comezaron a finais de xullo e están xa completamente rematadas. Onde agora está a subestación, anteriormente había monte polo que as augas de choiva discorrían con total normalidade. Dende a construción de Red Eléctrica, as augas eran recollidas por unha serie de canalizacións da compañía que chegaban á parte baixa do terro con moita forza, estragando o terreo e mesmo causando anegamentos.
O pasado mes de marzo, o concelleiro Manuel Cuíña, e personal de Red Eléctrica mantiveron unha reunión cos veciños para consensuar as medidas a adoptar. “As obras fixéronse contando coas advertencias dos veciños e veciñas de Carboeiro. Dende o Concello de Silleda velamos para que se cumpriran e coido que as melloras executadas pola empresa, á que hai que agradecer a súa colaboración, serán beneficiosas”, sinala o concelleiro.

Ningún comentario: