Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO TRANSFUSION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO TRANSFUSION. Amosar todas as publicacións

Centro de Transfusión - A campaña no clínico acadou 48 doazóns

Un 23% das doazóns de sangue efectuadas entre o mércores 19 e o xoves 20 de novembro, na unidade móbil do CTG desprazada ata as inmediacións do centro sanitario santiagués, correspondéronse con novos doadores

A campaña de doazón de sangue desenvolvida polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG), que acolleu o mércores 19 e o xoves 20 de novembro o Hospital Clínico de Santiago, rexistrou un elevado nivel de participación, acadando un total de 48 doazóns de sangue.

Un dato especialmente salientable o constitúe o feito de que o 23% das doazóns rexistradas (11 doazóns), correspondíanse con persoas que doaban sangue por vez primeira. Esta porcentaxe contribúe a acadar un dos principais obxectivos do Centro de Transfusión de Galicia: incrementar a actual base de doadores e doadoras galegos.

Importante participación

Esta visita das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia atópase dentro do programa que está a desenvolver a Consellería de Sanidade para achegar o solidario xesto da doazón de sangue a empresas e organismos e institucións públicas e privadas de toda Galicia, xa que este colectivo supón o 8% do total anual de doazóns que recolle o CTG.

Salientar que o CTG ten visitado as instalacións do Hospital Clínico de Santiago un total de doce ocasións, nos transcurso das cales obtivéronse un total de 493 doazóns (77 delas procedentes de persoas que doaban por vez primeira).

O Centro de Transfusión de Galicia quere amosar o seu recoñecemento á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, así como a todos os profesionais do Hospital Clínico polo seu compromiso con este xesto solidario, fundamental para o desenvolvemento da rutina asistencial dos nosos centros sanitarios.

Centro de Transfusión - Campaña de doacións no hospital clínico de Santiago

Unha unidade móbil do CTG desprazarase ata as inmediacións do pavillón docente para posibilitar a doazón dos profesionais do centro sanitario santiagués

O Hospital Clínico de Santiago acollerá os días 19 20 de novembro, unha campaña de doazón de sangue promovida polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG), co obxectivo de fomentar este xesto solidario entre os profesionais deste organismo. Esta campaña enmárcase dentro do programa de colaboración que están a desenvolver o CTG en empresas e institucións públicas galegas para fomentar a creación dunha cultura solidaria a prol da doazón de sangue na sociedade galega en xeral e, moi especialmente, acadar a participación dos profesionais do ámbito sanitario.

Unha unidade móbil do CTG desprazarase nas dúas xornadas ata a entrada do pavillón docente, e atenderá a todos os doadores e doadoras das 09.30 ás 14.30 horas o mércores 19 e o xoves 20 das 15:30 ás 21:00 horas

Este centro hospitalario xa acolleu a visita das unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia ata en once ocasións, rexistrando un total de 445 doazóns de sangue, das cales o 15% (66 doazóns) correspondíanse con persoas que efectuaban unha doazón de sangue por vez primeira.

Empresas e organismos públicos
No pasado 2013, rexistráronse en Galicia 114.126 doazóns de sangue, das que, aproximadamente, o 8% correspóndense con doazóns recollidas en campañas realizadas en empresas e organismos públicos. 

A Consellería de Sanidade e o Centro de Transfusión de Galicia, conscientes da importancia da participación deste colectivo, están a desenvolver un programa para impulsar as doazóns no seo das empresas e organismos públicos de toda Galicia, para tentar incrementar o número de doazóns deste colectivo.

O Centro de Transfusión de Galicia quere amosar o seu recoñecemento á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago pola súa inestimable colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue e polo seu compromiso con este xesto solidario, fundamental para o desenvolvemento da rutina asistencial dos nosos centros sanitarios.

Centro de Transfusión - Chamamento as donacións

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) reforza o seu chamamento á participación de todos os cidadáns na campaña de doazón de sangue que está a desenvolver nos meses de verán, especialmente despois dunha fin de semana na que aumentaron os sinistros de tráfico.

O incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico nos meses de verán é un dos factores que dificulta o mantemento do volume de doazóns de sangue nesta época do ano, así como a deslocalización dos doadores e doadoras habituais por mor o período estival.

Obxectivos
Durante a presente semana, o CTG achegara as súas dez unidades móbiles máis de 40 concellos galegos, tentando acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento das unidades móbiles.

Martes 29 de xullo Melide, A Estrada, 
Mércores 30 de xullo Silleda 
Xoves 31 de xullo Calo (Teo)


Axenda martes 30 - Santiago, Brión, Ordes, Oroso, Transfusión de Sangue, Exposicións,


SANTIAGO
Martes 30
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local. 

Axenda - Santiago, Tráfico, Brión, Ordes, Transfusión

SANTIAGO
Xoves 25
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, para presentar o Plan de intervención nos delitos contra a seguridade viaria. 

Axenda mércores 24 - Santiago, tráfico, Ordes, Brión

SANTIAGO
Mércores 24
10.00 h a 14.00 h e 16.00 h a 20.00 h
Na praza de Praterías, Xornada de portas abertas do Museo das Peregrinacións e
de Santiago, con motivo do XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Acceso gratuíto.

Axenda martes 23 - Santiago, Tráfico, Brión, centro transfusión

SANTIAGO
Martes 23
9.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial 2012, xunto coa subdirectora xeral adxunta de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Esther Rodríguez; e o conselleiro de Educación e Cultura en funcións, Jesús Vázquez. 

Axenda luns 22 . Santiago, tráfico, Brión,

SANTIAGO
Luns 22
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Turismo, Reyes Leis, sobre asuntos de carácter local. 

Axenda xoves 18 - Santiago, Brión,


SANTIAGO
Xoves 18
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área. 

Axenda mércores 17 - Santiago, Brión, Teo,


SANTIAGO
Mércores 17
10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa Asociación de Veciños Monte de Deus, presidida por Alejandro Álvarez Castro. Haberá declaracións ao remate. 

Axenda martes 16 - Santiago, Brión, transfusión

SANTIAGO
Martes 16
10.00 h
No Salón Verde, constitución do grupo de traballo sobre a estación intermodal de Santiago. Asisten: o alcalde compostelán, Ángel Currás; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, Rafael Catalá; e a concelleira de Urbanismo, María Pardo. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate no Salón Vermello. 

Axenda luns 15 outubro - Santiago, Brión, Centro Transfusión

SANTIAGO
Luns 15

11.30 h
Na Selva Negra (Aparcadoiro. Entrando pola Granxa do Xesto), posta en funcionamento do primeiro composteiro municipal dentro da rede “Composteiros de Compostela”. Asiste a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao

NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da Praza do Obradoiro. 

Axenda xoves 11 - Santiago, Frades, Brión, Transfusión,


SANTIAGO
Xoves 11
9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
PUNTO ÚNICO: Aprobación definitiva da conta xeral do exercicio 2011.

Axenda mércores 10 - Santiago, tráfico. Brión, Frades, Transfusión


SANTIAGO
Mércores 10
9.30 h
Na sala de prensa, sorteo dos cheques agasallo do programa Santiago Stock. 

11.00 h
No cruceiro de San Pedro-Concheiros, a concelleira de Benesta Social, Paula Prado, participa na campaña Mentaliza-t para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. Repartiranse máis de 500 adhesivos como símbolo de sensibilización e con recomendacións xerais sobre a saúde mental. 

Axenda 9 outubro - Santiago, tráfico, Frades, Brión, Centro de Transfusión


SANTIAGO
Martes 9
11.00 h
Na praza Roxa, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo do Día Mundial da Optometría. 

Centro de Transfusión - o centro lembra a necesidade de doar antes da ponte do 12 de outubro

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN LEMBRA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE DO 12 DE OUTUBRO
·As pontes festivas soen, lamentablemente, coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico