Axenda martes 11 - Santiago, tráfico, Centro transfusión

Santiago

Martes 11

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reúnense co presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Anxo Queiruga. 

NOTA: Haberá declaracións ao remate da reunión.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.
Corte de tráfico na rúa Canteiras do Sar

Con motivo da instalación dunha toma de terra para o tendido electrico, a rúa Canteiras do Sar permanecerá cortada, á altura dos números 60 e 39, dende o vindeiro martes, 11 de setembro, ata o xoves 13.

Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes a través da rúa do Cruceiro do Sar, ata os números 33 e 34, e a través de Picaños, ata os números 39 e 60. O acceso a Angrois realizarase por Picaños ou polo Camiño Real de Angrois. 

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Centro de Transfusión

ORDES
UNIDADE MÓBIL DETRÁS DO CONCELLO
(ENTRE OS PARQUES MUNICIPAIS)
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00 

JEALSA I (BOIRO)
UNIDADE MÓBIL NA EMPRESA
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00


¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? suscribete aquí

Ningún comentario: