20.00 h
No Teatro Principal, segunda xornada do certame de corais Compostela Canta. Interveñen as corais La Salle, Asubío, Coto da Nai, Irmán Gómez e Castrosúa.
Corte de tráfico na rúa Canteiras do Sar
Con motivo da instalación dunha toma de terra para o tendido electrico, a rúa Canteiras do Sar permanecerá cortada, á altura dos números 60 e 39, dende o vindeiro martes, 11 de setembro, ata o xoves 13.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes a través da rúa do Cruceiro do Sar, ata os números 33 e 34, e a través de Picaños, ata os números 39 e 60. O acceso a Angrois realizarase por Picaños ou polo Camiño Real de Angrois.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.
Silleda
Xornada de exaltación: "Trasdeza, o pan que arrecende" máis info
Brión
Ruta ciclista solidarioa polo Tambre máis info
Oroso
a partir das 18:00 horas segunda proba: Doma Oroso, na que os participantes tratarán de que os seus cabalos fagan unha serie de exercicios (reprisse) nos distintos aires e atendendo en todo momento as ordes que dá o xinete. Os participantes executarán a Reprisse Oroso 2012, baseada na Reprisse Promoción 1 AP da Federación Hípica Española. máis info
¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario