UNHA VINTENA DE NENOS E NENAS PARTICIPAN NA FESTA DE FIN DE CURSO DO ‘VERÁN LÚDICO’ DE OROSO
Un total de 22 nenos e nenas disfrutaron esta mañá na gran festa de fin de curso do “Verán Lúdico”, o programa de conciliación da vida familiar e laboral organizado polo Concello de Oroso para este verán. Durante algo máis de dúas horas, estes pequenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, participaron nos distintos xogos organizados no centro deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.
A xornada incluíu a participación nuns obradoiros de maquillaxe e globoflexia, aínda que a actividade máis disfrutada polos cativos foron os dous inchables dispoñibles para a ocasión. Así mesmo, os peques tamén tiveron tempo para un pequeno almorzo no propio pavillón polideportivo.
Con esta festa de fin de curso, o Concello de Oroso dá por rematado o programa “Verán Lúdico”, que incluíu numerosas actividades como unha “Semana saudable”, con obradoiros nos que aprenderon a perfeccionar os seus hábitos alimenticios; obradoiros para elaborar rectarios, servilleteiros...; ou excursións a lugares tan emblemáticos como a Fervenza do Toxa (Silleda) ou o Parque do Pasatempo (Betanzos).

Ningún comentario:
Publicar un comentario