Fundación Araguaney - curso maxistral sobre o mundo árabe

O prestixioso investigador D. Jesús Núñez Villaverde impartirá un curso maxistral sobre o mundo árabe en Santiago
“El despertar árabe visto desde Europa: ¿sueño o realidad?” é o título do curso maxistral que organizará a UIMP (Universidad Internacional Menéndez Pelayo) en Santiago
Celebrarase no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela entre o 3 e o 5 de Outubro. Será impartido por Jesús Núñez Villaverde, Codiretor do Instituto de Estudios sobre Conflitos y Acción Humanitaria (IECAH) e patrono da Fundación Araguaney-Puente de Culturas

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo impartirá, por segundo ano consecutivo, un curso maxistral sobre a ondada de cambios no mundo árabe dende unha perspectiva europea. Impartirase entre o 3 e o 5 de Outubro en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

O encargado de impartilo será Jesús Núñez Villaverde, patrono da Fundación Araguaney y Codiretor do Instituto de Estudios sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH). O curso pretende analizar as causas estruturais dos cambios que se están a producir no mundo árabe. Plantéase dar a coñecer os rasgos máis relevantes dos distintos procesos que actualmente están en marcha, tanto no Magreb como en Oriente Próximo e Oriente Medio. Configúrase en sesións expositivas cunha dinámica que favoreza a participación dos asistentes.

Para matricularse, así como para optar a unha bolsa, deberá facerse na Secretaría de alumnos da UIMP na rúa San Francisco s/n, en A Coruña. A páxina web da UIMP (www.uimp.es) tamén recolle toda a información e precios. Os alumnos das universidades de A Coruña, Santiago e Vigo desfrutarán dunha redución do 50%. As prazas son limitadas.

O inicio do curso será o próximo 3 de Outubro as 10,00 h da mañá, onde estarán o propio Jesús Núñez, así coma o diretor da UIMP de Galicia, Xosé Luís Barreiro Rivas e o Presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez.

Ningún comentario: