O PLENO APROBARÁ UN EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DE 8.000 EUROS PARA CONECTAR A FOSA SÉPTICA DE ROMARÍS COA REDE MUNICIPAL
O pleno municipal de Brión aprobará hoxe mércores 12 de setembro, ás 13:00 horas, un expediente de modificación de crédito proposto pola Alcaldía presidida por Xosé Luís García por un importe de 8.000 euros. Uns cartos que serán utilizados para conectar a fosa séptica de Romarís coa rede municipal de saneamento, unha obra orzamentada nuns 38.000 euros.
Así mesmo, o pleno aprobará a Conta Xeral de 2011, despois de que esta fose aprobada o pasado 7 de agosto pola comisión informatia especial de Contas e fose exposta ao público. Unha conta que arroxa un resultado orzamentario axustado de 144.307,01 euros, mentres que o remanente de Tesourería para gastos xerais ascente a 21.198 euros. Unha vez aprobada polo pleno municipal, a conta será remitida ao Tribunal de Contas.
O pleno desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:
Ratificación da resolución da Alcaldía de cambio do día de celebración da sesión plenaria (por procedemento, toca sesión os meses pares, polo que no pleno de xuño todos os grupos acordaron trasladar o de agosto a setembro)
Aprobación das actas das sesións do 20-6-2012 e do 29-8-2012
Relación de decretos ditados dende a última sesión ordinaria do 15-6-2012
Aprobación da proposta da Alcaldía sobre festivos locais 2013
Ratificación da resolución da Alcaldía sobre participación do concello no Plan Provincial de Emprego 2012
Aprobación da proposta da Alcaldía sobre o Plan DTC 94: unha Deputación para todos os concellos
Aprobación da proposta da Alcaldía sobre a Conta Xeral do orzamento de 2011
Aprobación da proposta da Alcaldía sobre expediente de modificación de créditos e dación de conta de informe de avaliación da estabilidade orzamentaria
Mocións
Rogos e preguntas
Ningún comentario:
Publicar un comentario