O CONCELLO DE TEO ORGANIZA UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLO MONTE PIQUIÑO EN LAMPAI
As persoas interesadas poden anotarse ata o 27 de setembro
Trátase dun roteiro por unha área arqueolóxica con preto de 100 bens patrimoniais, principalmente petróglifos e xacementos megalíticos
O Concello de Teo organiza unha ruta de sendeirismo polo Monte Piquiño para o domingo 30 de setembro. O prazo para anotarse remata o 27 de setembro e pode facerse entregando unha ficha de inscrición no Departamento de Deportes, enviando a inscrición a deportes@concellodeteo.com ou mesmo chamando ó 981 815 700.
A ruta pretende ser unha visita guiada para dar a coñecer o entorno do Monte Piquiño, un espazo que conta con preto de 100 bens patrimoniais onde destacan os petróglifos e
acementos megalíticos. Isto convérteo nunha das áreas arqueolóxicas máis importantes de toda Galicia aínda por descubrir.
Segundo explican dende Deportes a xornada está planificada para andar ó redor de 21 quilómetros nunha ruta lineal que comezará a finalizará no punto de encontro, a igrexa de Cornide. A hora de saída está prevista para as 09:00 horas. Dende Cornide subirase en autobús a Lampai e farase o traxecto andando ata o punto inicial. A dificultade do roteiro é alta. Recoméndase levar pantalón longo, calzado axeitado e almorzo xa que se espera que dure todo o día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario