O Concello de Ames
conta un ano máis cun completo plan de prevención e defensa
contra
incendios forestais
Como cada ano, o Concello de Ames conta cun amplo plan para
colaborar
nas labores de prevención e extinción de incendios forestais
durante os meses de verán.
As medidas e ferramentas aplicadas
pola
Administración local pódense dividir en dúas: preventivas e de
colaboración na disposición de medios enfocados á defensa das
persoas e dos bens como consecuencia dos incendios forestais.
Ademais, o Concello conta co operativo municipal de Prevención
e
Defensa contra os incendios forestais, encargado de coordinar
as
persoas e os medios cos que conta o Concello para poñer a
disposición do distrito forestal en caso de declararse un
incendio.
Dentro
das actuacións relacionadas coa prevención enmárcase a execución
do
convenio
asinado
coa
Consellería
de
Medio
Rural
e
do
Mar,
para
a
participación
na
prevención
de
incendios
forestais
mediante
a
realización
de
tratamentos
preventivos
en
vías,
camiños
e
outras
superficies
de
titularidade
municipal.
O
obxectivo
destes
traballos
é intensificar
a
prevención
de
incendios,
manter
as
vías
e
camiños
e
outras
superficies
de
titularidade
municipal
en
boas
condicións
e
reforzar
a
limpeza
levada
a
cabo
pola
maquinaria
municipal
durante
todo
o
ano.
Os
traballos
de
prevención
veranse
reforzados
este
mes
cunha nova brigada
de cooperación coa Xunta para a protección
de
marxes
fluviais
e
do
espazo
forestal,
que acometerá tamén labores de desbroce e acondicionamento.
En
canto á disposición de medios enfocados á defensa das persoas e
dos bens como consecuencia dos incendios, o Concello de Ames
acordou
a contratación dos servizos dun tractor forestal e tractorista
con
cisterna e lanzadeira anti-incendios con dispoñibilidade para os
días de alto perigo de incendios forestais. Este tractor forma
parte
dos equipamentos que pode mobilizar o Concello en situacións de
especial risco, formado por medios achegados por concesionarias
de
servizos públicos e outras empresas. Entre estes, destaca un
camión
cisterna, unha pala de rodas, outra de cadeas, bombas de achique
e
maquinaria.
O
operativo municipal de Prevención e Defensa contra os incendios
forestais está dirixido polo alcalde de Ames, Santiago Amor, e
está
composto por diferentes grupos operativos e persoal municipal.
Deste
xeito, consta dun grupo de intervención e outro de seguridade,
no
que se inclúen membros das forzas e corpos de seguridade ou da
brigada de medio ambiente. O operativo tamén conta
cun grupo de transmisións e con outro sanitario e de acción
social,
no que se inclúen traballadores sociais, médicos de atención
primaria, farmacéuticos, veterinarios e persoal da Cruz
Vermella.
Por último, o grupo de Loxística e Rehabilitación de servizos
públicos está formado por persoal de servizos básicos,
voluntariado, deportes, cultura e medio ambiente.
O
obxectivo é unir esforzos e colaborar con medios propios e
concertados na extinción de incendios. O Concello de Ames pon a
disposición do distrito forestal todos os medios posibles para
atallar estas situacións de risco. Con todo, o Goberno amiense
fai
un chamamento á colaboración da cidadanía para que colabore con
este plan. Concretamente solicita que quen se decate da
existencia
dun incendio o comunique ao teléfono 112 e que se poña en
coñecemento das forzas e corpos de seguridade calquera movemento
sospeitoso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario