Oroso - clausura dos cursos de natación


UNHAS 150 PERSOAS PARTICIPARON NA FESTA DE ENTREGA DOS DIPLOMAS DOS CURSOS DE NATACIÓN
O concelleiro de Deportes, Luís Rey, entregou os diplomas acreditativos aos máis de cen nenos participantes

Uns 150 veciños e veciñas de Oroso participaron na festa de hinchables organizada co gallo da clausura dos cursos de natación organizados polo Concello de Oroso durante todo o mes de xullo. Nestas clases participaron algo máis de cen nenos e nenas, consolidando o éxito de participación de anos anteriores.

O alcalde en funcións, Eduardo Veiras, mailo concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, foron os encargados de entregarlles aos cativos os diplomas acreditativos e diversos agasallos por parte do Concello de Oroso. A festa dispuxo de animación musical e dun elemento inchable e estivo acompañada polo bo tempo.

Ningún comentario: