O BNG ESIXE AO ALCALDE QUE FAGA
PÚBLICO O ORZAMENTO DA FESTAS PATRONAIS
- O BNG afirma que os veciños teñen dereito a coñecer o custo dunhas festas de Ordes, onde o alcalde contratou ás orquestas máis caras do País.
- Gonzalo Castro afirmou que “este dispendio nas orquestas das festas patronais contrasta coa decisión do alcalde de deixar marchar o Festival Brincadeira para Cambre, por non querer sufragar o custo dun palco”.
- Castro preguntouse se “a suba brutal dos impostos que están sufrindo os veciños de Ordes ten esta finalidade?”.
- O portavoz do BNG acusou
ao alcalde de “retirar as axudas ás
asociacións e comisións do concello
mentres non escatima en gastos nas festas de Ordes”.
O BNG esixiu ao
alcalde de Ordes que faga público o Orzamento das festas patronais de Ordes,
con especial referencia aos contratos coas orquestas que van actuar nas festas,
contratación que xa se ten feito pública, tanto por parte das orquestas nas
súas webs, como por parte do Concello co anuncio das súas actuacións en carteis
informativos sobre as festas de Ordes.
Gonzalo Castro, portavoz
municipal do BNG de Ordes, manifestou que “os
veciños teñen dereito a coñecer o custo dunhas festas, onde o alcalde tivo
reparo en contratar ás orquestas máis caras do País”.
Brincadeira
Para Castro, “este dispendio en orquestas para as festas
de Ordes, contrasta coa decisión do alcalde de deixar marchar o importante
Festival Brincadeira para Cambre, por non querer sufragar o custo dun palco, o
que suporá unha importante perda económica para sectores económicos do noso
concello, como o hosteleiro e o comercial”.
Suba de impostos
Gonzalo Castro preguntouse se “a
suba brutal dos impostos que están sufrindo os veciños de Ordes ten esta
finalidade?”.
Discrminación a
asociacións e comisións
O portavoz do BNG
acusou ao alcalde de discriminar ás asociación e comisións do Concello, xa que “mentres retira as axudas ás asociacións e comisións do concello, non escatima en
gastos nas festas de Ordes”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario