Silleda - novo sabotaxe o alumeado do concello

Detectado un novo caso de sabotaxe no alumeado público de Silleda
A manipulación dos cadros eléctricos deixou sen luz a rúa Venezuela e a rúa Trasdeza durante a pasada noite
O alumeado público de Silleda volveu ser víctima dun novo caso de sabotaxe. A manipulación dos cadros eléctricos na capital trasdezana deixou sen luz a pasada noite á todo o tramo da rúa Venezuela e tamén á rúa Trasdeza, en plena N-525, quedando esta última sen ningunha iluminación durante toda a noite. Esta non é a primeira vez que se rexistran actos vandálicos deste tipo, xa que no verán de 2011 os problemas no funcionamento do alumeado público, por mor deste boicot, chegou a varias zonas do municipio. Ademais de Silleda, tamén se rexistraron en reiteradas ocasións en xuño e xullo de 2011 casos en Bandeira, Laro ou Oleiros, entre outros. 
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña Fernández, fai un chamamento á cidadanía para dar co responsable ou responsables destes actos incívicos, que motivaron xa no seu día varios dispositivos de vixiancia policial, e lembra que a manipulación dos cadros da luz “é tamén un problema que ten repercusións na seguridade cidadá”. Os operarios municipais do servizo de Electricidade xa acudiron esta mañá aos cadros onde se rexistraron as accións vandálicas para proceder á correspondente reparación.

Ningún comentario: