Teo - mozos do concello marcharon de campamento a Oleiros


CASE TRINTA MOZOS/AS MARCHARON DE CAMPAMENTO MUNICIPAL A OLEIROS

·        Durante os días que estarán fóra realizarán actividades de aventura, deportivas ademais de aproveitar a praia se o tempo acompaña
·        O alcalde de Teo, Martiño Noriega a e concelleira de Educación, María Álvarez Garea, estiveron na Ramallosa para despedilos

 En total 28 mozos/as de entre 13 e 18 anos que tomaron rumbo a Santa Cruz de Oleiros, onde estarán desfrutando do seu tempo de lecer ata o día 14 de agosto. Con eles estivo o alcalde de Teo, Martiño Noriega, e a concelleira de Educación, María Álvarez Garea, para desexarlle ó grupo unha boa estancia.

Segundo explican os monitores que atenderán ós nenos/as durante o campamento fomentarase o traballo en equipo, a cooperación, as relacións sociais, a convivencia así como outros elementos como o respecto á natureza ou a aprendizase da autonomía persoal.

O campamento xuvenil desenvolverase no albergue de Santa Cruz de Oleiros. Alí están previstas actividades de aventura como tiro con aro, escalada ou canoa. Tamén farán actividades deportivas a través de xogos populares, xincanas ou olimpiadas. E aínda quedará tempo para a praia, os obradoiros ou a celebración de pequenas festas. 

Ningún comentario: