O
CONCELLO DE TORDOIA E CERCEDA SOLICITAN UN PROGRAMA CONXUNTO DE INSERCIÓN
LABORAL
A súa posta en marcha dependerá dunha
subvención da Consellería de Traballo e Benestar
O Concello de
Tordoia ven de asinar un convenio de colaboración co Concello de Cerceda co
obxectivo de solicitar unha serie de accións formativas dirixidas aos
colectivos con risco de exclusión social.
“Por proximidade xeográfica e
interrelación veciñal vimos a posibilidad de solicitar á Xunta de Galicia este
proxecto conxunto que vai en beneficio dos veciños de ambos municipios, xa que
se trata dun proxecto de inserción laboral”, explicou o rexedor tordoiés,
Antonio Pereiro.
Pereiro explicou
que estamos fronte a un proxecto que se apoia en tres piares fundamentais: o
asesoramento en materia laboral, a formación e a empregabilidade. Neste
sentido, de atopar o apoio por parte da Administración Pública, o programa
desenvolverá accións como cursos de orientación laboral, formación para a
preparación en postos ou profesións específicas, prácticas formativas e busca e
xestión de ofertas de emprego. A iniciativa tamén contempla a posta en contacto
con empresas do ámbito territorial co obxecto de facer prospección de postos de
traballo.
A execución do
programa virá determinada pola concesión da subvención por parte da Consellería
de Traballo e Benestar pero desde os concellos implicados agárdase que a
resposta sexa positiva xa que os principais beneficiados serán o colectivo de
persoas en situación de desemprego e persoas en risco de exclusión social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario