PP Melide - o Partido Popular esixe perdón o BNG polas falacias publicadas sobre a paga extra de nadal

O grupo municipal do partido popular de Melide esixirá perdón público polas falacias publicadas polo BNG de Melide sobre a paga extra de Nadal do goberno municipal




·         No pleno municipal celebrado o pasado mércores día 1 de agosto, o grupo municipal do PSOE presentou unha moción sobre as retribucións do goberno municipal, que a pesares de que o concelleiro do PSOE non estivo presente na sesión, a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez clarificou igualmente.
·         O goberno municipal fixou as retribucións da alcaldesa de Melide mais das dúas concelleiras que actualmente teñen dedicación exclusiva no pleno extraordinario de xullo de 2011, publicado no BOP.
O Partido Popular de Melide quere expresar a súa indignación ante a noticia difundida polo BNG de Melide nos medios de comunicación no que se verten mentiras e falacias sobre o ocorrido no pleno ordinario celebrado o pasado mércores. Ao final do Pleno, a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, clarificou, a pesares da ausencia do voceiro do PSOE, que o goberno municipal non percibirá ao igual que os empregados públicos, a paga extra de Nadal, como así se acordará na sesión extraordinaria que a corporación celebrou o pasado xullo de 2011 para fixar as retribucións da alcaldesa e do persoal con dedicación exclusiva. Baixo tal argumento, deixou claro polo tanto, que non se percibirá a retribución extraordinaria de Nadal, xa que os empregados do sector público tampouco a percibirán na nómina de decembro. Ánxeles Vázquez e o seu equipo de goberno mostran a súa sorpresa ao ler nos medios noticias que non se corresponden coa realidade, ao ser os plenos un acto de democracia do goberno local aberto a todos os veciños e veciñas que queiran participar, polo que quedará constancia na acta da sesión do 1 de agosto o dito pola alcaldesa de Melide. En palabras desta última “sí son capaces de desvirtuar de tal maneira a realidade do cal nas próximas semanas teremos a acta redactada e será enviada aos medios de comunicación, que non serán capaces de facer cando non haxa testemuña alguha”. Recordar ademais que o BNG presentou preguntas ao goberno municipal, nas que tamén se lles aclarou a política á seguir ao respecto das retribucións extraordinarias do goberno local. O grupo municipal do Partido Popular esixirá unha desculpa pública do voceiro do BNG  por verter falacias e mentiras sobre a o grupo de goberno municipal ademais de crear confusión e malestar entre os veciños con argumentos que faltan a verdade. 

Ningún comentario: