11.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE
PRENSA dos concelleiros Francisco
Reyes e Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Comercio
e Economía, Reyes Leis, para presentar a actividade de formación “Perseguindo
unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial”.
12.30 h
Na Casa do
Concello, a concelleira María Castelao exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última
sesión da Xunta de Goberno Local.
Verán
na rúa
19:30 Praza da
Quintana
RUDI DUDI
“Clowntamination”
Bélxica. Clown.
2-14 anos
Espectáculo
fantástico e moi divertido para un público familiar que participa
constantemente coa súa presenza e enerxía. Veremos ao home máis forte do mundo
e outros personaxes curiosos.
Corte de tráfico na rúa República Arxentina
Por mor da colocación dun guindastre é preciso cortar
á circulación a rúa República Arxentina, no tramo comprendido entre a
intersección rúa Doutor Teixeiro-praza de Puente Castro e a rúa do Hórreo o
vindeiro sábado, 11 de agosto, entre as 6:00 e as 8:00 horas.
O Concello de Santiago de Compostela
prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles
poidan ocasionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario