RudiDudi, un clown, formado na Escola de Mimos, Antwerpen-Belgica.
84-90 director, guionista e actor en teatros en Bélxica.
90-99 conta-contos e actor no circuíto "Teatro na Educación" enIrlanda.
No 2000 decidiu dedicarse por completo ao clown, viaxando por toda Europa, actuando en infinidade de lugares.
Desde o 2005 vive en Galicia, actuando contratado por concellos,colexios, festivais, asociacións, etc.
“Cando era un neno, a miúdo preguntábanme : que queres ser de maior". Ao que eu respondía : quero ser viaxeiro, ser libre para viaxar, estar en lugares diferentes, coñecer a moita xente... e enseguida volvían preguntar : e como che gañarías a vida " Viaxar custa diñeiro. E eu sempre dicía : viaxarei coa miña maleta "máxica". Dentro levarei, entre outras cousas, unha fábrica de sorrisos de todas as cores e infinitos tamaños. Repartireinas entre a xente para que sexan felices e a cambio, estou seguro, que a vida será xeneroso comigo
Foron pasando os anos e xoguei a ser estudante, logo a ser profesor, actor e director de teatro... Canseime, mudeime de país, aprendín outro idioma e xoguei a ser conta-contos. Unha noite de inverno na miña habitación, tombado fronte á fiestra contemplaba como embobado a lúa chea e invadiume o recordo de cando era neno. Durante anos, gardaba celosamente baixo a miña cama á cómplice dos meus soños : unha vella maleta, herdanza do meu avó. Unha das súas máis queridas pertenzas, dicía el. E eu sentíame orgulloso de posuíla. Por aquel entón nos meus vagabundeos polo bosque onde viviamos, sempre atopaba tesouros, obxectos inservibles para os demais, que gardaba na miña maleta : un chupete, unha pluma, tres pipas de ciruela, un nariz vermello, lapis de cores e moito máis... cada unha desas cositas delicadas invitábanme a voar. Ante o espello colocábame o meu nariz de pallaso e un gran sorriso aparecía no meu rostro, alagándome de alegría. Soñaba esperto que oxalá puidese compartir a maxia da vida. Por iso mesmo decidira crear esa fábrica de sorrisos para ser feliz e facer felices aos demais. Agora, grazas ao meu pallaso, levo un eterno sorriso tatuado no meu corazón. Miro cara atrás e síntome privilexiado por poder cumprir o meu soño, e agradecido ao meu neno interior, que se mantén como unha chama dentro de min e que nunca me abandona.”

Ningún comentario:
Publicar un comentario