CIPA Padrón - a CIPA pide que se limpe o casco vello de cartéis

PARA QUE NON SE REPITA E SE POÑA REMEDIO
O ESPALLADO DE CARTEIS POLO CASCO VELLO DE PADRÓN
Ven sendo práctica habitual o pegado de todo tipo de carteis nas fachadas dos inmobles do casco vello de Padrón, asi como nas portas dos puntos de información existentes. O que resulta preocupante é que o goberno municipal non só consinta dar unha imaxe deplorable en canto a limpeza e ornato da Vila, senón que incluso se converta en incumplidor da propia ordenanza municipal, colocando Bandos e Anuncios nas fachas de inmobles e escaparates esparcidos por todo o caso urbano.
Cando existen uns puntos de información que se instalaron no goberno anterior para eso, para evitar emporcallalas rúas. Como o sr. Alcalde e os seus concelleiros de goberno, se convirten en incumpridores e incubridores desta situalación de desleixo, facemoslle un recordatorio de deberes recollido na ordenanza que eles son os encargados de facer cumprir para algo son goberno. Ou non?.

OR
DENANZA XERAL DE LIMPEZA E ORNATO PÚBLICO

BOP 28 de junio de 2004

Artigo 5.
1.-Tódolos cidadáns están obrigados ó cumprimento puntual
da presente ordenanza e das disposicións complementarias
que en materia de limpeza en xeral, mantemento do ornato
público ou da estética do Concello, dicte en calquera momento
a Alcaldía no exercicio das súas facultades.
2.-A autoridade municipal poderá esixir en todo momento
o cumprimento inmediato da presente ordenanza, obrigando ó
causante dun deterioro á reparación da afección causada, sen
prexuízo da sanción que corresponda.
3.-A Alcaldía, a proposta dos servicios municipais correspondentes,
sancionará, de acordo co establecido no título VII
desta ordenanza, ós que contraviñeren o disposto nela.
Artigo 6.
1.-O Concello poderá realizar subsidiariamente os traballos
de limpeza que segundo as presentes ordenanzas corresponda
efectuar directamente ós cidadáns, imputándolles o custo dos
servicios prestados de acordo coa valorización realizada polos
servicios do Concello, e sen prexuízo das sancións que en cada
caso sexan pertinentes e do que civilmente fose esixible.

Capítulo II.-Colocación de carteis e pancartas na vía pública.
Artigo 39.
1.-Prohíbese a colocación e pegado de carteis e adhesivos,
coa excepción dos casos expresamente autorizados pola autoridade municipal.

Artigo 40.
1.-A colocación de carteis e adhesivos publicitarios nos paneis,
columnas ou soportes municipais precisará da correspondente
autorización municipal.

Ningún comentario: