A
Aula CeMIT do Concello de Ames organiza dous cursos para o mes
de
setembro
A Aula CeMIT do Concello de Ames celebrará dous cursos no mes
de
setembro nos que os asistentes poderán aprender a empregar
follas de
cálculo e a levar a cabo trámites electrónicos. Ademais, a
aula,
que estará cerrada durante o mes de agosto, continuará coa
programación multimedia e audiovisual do ano 2012.
O
primeiro dos cursos que se celebrarán en setembro tratará sobre
as
follas de cálculo. Nesta actividade, que terá lugar do 11 ao 14
de
setembro, os alumnos e alumnas poderán familiarizarse coas
follas de
cálculo, crearán táboas de datos e traballarán con fórmulas.
Este curso celebrarase entre o 11 e o 14 de setembro en
diferentes
horarios. Así, será entre as 10:30 e as 12:00 horas os días 11 e
12 de setembro e de 10:30 a 11:30 as outras dúas xornadas. Esta
actividade vai dirixida á cidadanía en xeral co manexo básico do
ordenador.
A
segunda das actividades tratará sobre os trámites electrónicos.
Nesta actividade, os alumnos e alumnas comprenderán o que é un
certificado dixital e os pasos necesarios para obtelo, e
coñecerán
os trámites electrónicos que ofrecen as administracións. Este
curso levarase a cabo os días 24 e 25 de setembro en horario de
19:00 a 20:00 horas. Para acceder a esta actividade, os
asistentes
deben coñecer o uso do ordenador a nivel básico e dispoñer dunha
conta de correo electrónico.
Ademais
destes cursos, a Aula CeMIT do Concello de Ames continuará coa
programación multimedia e audiovisual do ano 2012. Neste marco,
levarase a cabo un curso de 'Streaming de audio e video' entre
os
días 17 e 20 de setembro. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.
A
outra actividade enmarcada na programación multimedia e
audiovisual
é o curso de 'Community manager', que terá lugar entre o 17 e o
20
de setembro en horario de 16:00 e 20:00 horas.
Para
inscribirse
ou
para
solicitar
máis
información
sobre
estas
actividades
poden
dirixirse
á
Aula
CeMIT
de
Ames,
a través da web https://aulascemit.xunta.es/inscripcion.
Tamén poden facelo enviando ao correo electrónico
cemit.ames@xunta.es
a seguinte información: nome e apelidos, DNI, data de
nacemento e
teléfono de contacto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario