Gonzalo Castro acusou ao alcalde de Ordes de “incapacidade para defender aos veciños de Ordes, ao manter un silencio cómplice con esta discrimInación do PP”
Os nacionalistas manifestaron que mentres Ordes recibe só 37.981 euros para servizos sociais, concellos con alcaldes do PP, con menos poboación que Ordes, reciben cantidades moi superiores.
Castro afirmou que “esta é unha proba máis de porque o PP se nega a eliminar as Deputacións, porque as utiliza como instrumento caciquil e clientelar en beneficio de intereses partidistas”.
O portavoz do BNG de
Ordes, Gonzalo Castro, acusou ao PP de discriminar ao Concello de Ordes nos
convenios da Deputación Provincial para servizos sociais, xa que o Concello de
Ordes recibirá unha cantidade moi inferior á que recibirán municipios da zona
con moita menos poboación.
Cifras da discriminación do Concello de Ordes
O BNG de Ordes
referiuse ás cifras feitas públicas pola Deputación Provincial, para xustificar
esta “discrimnacións aos veciños de Ordes”,
aludindo a que “mentres Ordes, con 13.000 habitantes, vai recibir 37.981 euros
para servizos sociais, concellos gobernados polo PP, con moita menos poboación
que Ordes, recibirán cantidades moi superiores”.
Así os nacionalistas
citaron, como exemplo, os casos de Trazo (3.500 habitantes), que recibirá
68.819 euros, Tordoia (4.200 habitantes), que recibirá 51.502 euros, Rois
(4.900 habitantes), que recibirá 62.057 euros, ou Padrón (8.900 habitantes),
que recibirá 72.529 euros, todos eles concellos gobernados polo PP.
Incluso, concellos
máis próximos a Ordes en poboación, como Santa Comba, con 10.000 habitantes,
recibirán o dobre de recursos que o Concello de Ordes, en concreto 75.578 euros,
segundo as cifras citadas polo BNG de Ordes.
Silencio cómplice do alcalde de Ordes
O portavoz do BNG de
Ordes acusou ao alcalde de Ordes de “manter
un silencio cómplice diante desta discriminación e maltrato do PP aos veciños e
veciñas de Ordes”.
Castro enfatizou que “Ordes precisa dun alcalde que defenda os
seus intereses, non a un alcalde incapaz de defender aos seus veciños e que nin
está nin se lle espera cando estes son maltratados”.
Supresión Deputacións Provinciais
Gonzalo Castro fixo
fincapé en que “o comportamento do goberno do PP na Deputación da Coruña, con respecto
aos convenios para servizos sociais, é unha proba máis de porque o PP se nega a
eliminar as Deputacións, porque as utiliza como instrumento caciquil e
clientelar en beneficio de intereses partidistas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario