A COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS APROBA A CONTA XERAL 2011
PARA A SÚA EXPOSICIÓN PÚBLICA
A liquidación do Orzamento de 2011 contempla un remanente
de Tesourería para gastos xerais de 21.198 euro
A
comisión informativa especial de Contas emitiu esta mañá por unanimidade un
ditame favorable á Conta Xeral 2011, que supera así un paso máis no proceso
administrativo habitual de xestión municipal. Así, a comisión, composta polo
Alcalde, tres concelleiros do PSOE, dous do PP e un do Bloque procederon a
informar e darlle o visto bo a unha conta que arroxa un resultado orzamentario
axustado de 144.307,01€ namentres que o o remanente de Tesourería para gastos
xerais ascente a 21.198 euros, tal e como se fixera constar no pleno de abril.
Este trámite desenvolveuse co obxecto de que a Conta Xeral 2011 poida quedar exposta
ao público durante 15+8 días que establece a lexislación para que todo
interesado poida examinala ou presentar os reparos que considere.
O trámite administrativo culminará coa presentación de novo a pleno
municipal de setembro para a súa aprobación definitiva e poder proceder a
enviala ao Tribunal de Contas antes do 15 de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario