O
BOP de Pontevedra publica hoxe o anuncio de aprobación provisional de oito
ordenanzas municipais de Silleda
Os
textos foron aprobados inicialmente no último pleno ordinario. Con estes
anuncios ábrese un prazo de 30 días dende mañá venres para formular alegacións,
e de non haber reclamacións, quedarán aprobadas de xeito definitivo
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) de Pontevedra recolle hoxe
os anuncios de aprobación provisional dun total de 8 ordenanzas municipais de
Silleda. Trátase de normativas que foron abordadas no último pleno ordinario,
celebrado o pasado 26 de xullo.
Para
todos os expedientes estabrécese un prazo de trinta días, a contar dende mañá
(día seguinte á inserción do anuncio) para que poidan se revisados e se poidan
presentar reclamacións se se estima oportuno.
No caso de non habelas no citado prazo, as ordenanzas quedarán
aprobadas de xeito definitivo.
Ademais da ordenanza reguladorada da venda ambulante en Silleda e da
ordenanza fiscal que recolle as taxas
por instalación de postos na vía pública, o BOP de Pontevedra tamén publica
hoxe xoves os anuncios provisionais das ordenanzas que recollen as taxas polo
servizo da Escola de Música, da instalación de caixeiros automáticos na rúa, da
taxa polo programa lúdico educativo de apertura de centros de ensino fóra do
horario escolar; a que regula o Imposto sobre Construccións, Instalacións e
Obras (ICIO); a relativa á expedición de documentos administrativos e
urbanísticos e a de prestación do servizo de prevención e extincións de
incendios (ordenanza relativa ás emerxencias).
Ningún comentario:
Publicar un comentario