Psoe Ames - o Psoe mostra a sua preocupación pola paralización do concello


O GRUPO SOCIALISTA AMÓSASE PREOCUPADO POLA PARALIZACIÓN DO CONCELLO DE AMES
A crise de goberno está levando a municipio a un importante estado de descoido

 O grupo municipal do PSdeG-PSOE amosa a súa preocupación pola crisis e as súas consecuencias no Concello de Ames, debido á loita interna de poder que vive o goberno local.
Esta división en dúas partes claramente enfrontadas ten ao Concello paralizado e en total descoido. Como mostra da paralización do Concello, pódense citar un asunto de tanta trascendencia como que os orzamentos están sen aprobar, mantéñense vixentes os de hai dous anos e medio, ou outro máis cotiá como son as numerosas pistas do termo municipal que, a estas alturas do verán, non recibiron a necesaria conservación e limpeza, tamen chama atención o descoidados que se atopan os parques e xardíns do Concello ou a falta da aprobación da conta xeral que debía estar aprobada en marzo do presente ano e xa leva un retraso de preto de medio ano. Neste momento, o goberno local de Ames só desenvolve trámites ordinarios do Concello.

“Antes desta crise de goberno aínda se vía algunha iniciativa, pero dende que empezou esta división interna atopámonos ante un goberno local sen rumbo, a deriva. E os máis perxudicados desta situación son os veciños de Ames”, asegúrase dende o grupo municipal socialista de Ames, que seguen sen ter uns orzamentos aprobados nun goberno que ten a maioría. “O que amosa a clara división existente, pois non foron capaces nin de poñerse de acordo para presentalos en Pleno e, como consecuencia puidemos ver que tampouco foron capaces de sacalos adiante e tiveron que recurrir a ilegalidade para que a oposición non os votara abaixo”, lémbrase dende o grupo municipal.

Neste sentido, os socialistas lembran que o único que está a facer o goberno municipal nos últimos meses é manter todos os programas e servizos que xa estaban en funcionamento co anterior goberno socialista: escola de verán, campamentos municipais, escolas deportivas… O único que aportou como novidoso o actual goberno é subir as taxas aos veciños e, polo tanto a conseguinte baixada no número de usuarios destes servizos. 

Por eso, o grupo municipal socialista de Ames insta ao executivo a repoñer a normalidade na vida municipal, fóra de loitas de poder e intereses individuais, preocupándose polo benestar dos veciños e veciñas de Ames e que desta vez non se faga un peche da crise interna en falso. Os socialistas de Ames pídenlle ao Goberno que comence recuperando a última sesión plenaria no momento en que se vulneraron os dereitos dos edís da oposición, unha decisión que suporía un bo exemplo de legalidade e democracia que os veciños e veciñas de Ames necesitan e logo se comence a gobernar deixando a un lado as diferencias de interese particular do Sr. Amor e o Sr. Argibay.

Ningún comentario: