Silleda - os datos dos Padrons por impostos directos indican a realidade de orzamento

Paula Fernández advirte que os padróns por impostos directos de 2012 demostra que o orzamento municipal está axustado á realidade
-“Con este datos queda desacreditada a tese do PP, que insistiu no debate orzamentario en que estabamos a inflar os ingresos”, sinala a alcaldesa

 O Concello de Silleda vén de recibir nas últimas semanas por parte do Organismo de Xestión Tributaria e Catastral (ORAL) os padróns correspondentes a distintos impostos directos. As cantidades achegadas dende o ORAL de Pontevedra achegánse moito, superando en todos os casos, as previsión do goberno municipal silledense recollidas no orzamento de 2012.
Así, por exemplo a cantidade que lle correspondería ao Concello de Silleda en concepto de Imposto de Bens Inmobles (IBI) sitúase en 785.190 euros, e  a cantidade prevista no orzamento é de 720.00 euros. No caso do Imposto de Actividades Económicas (IAE), a cantidade ascende a 113.000 euros, e orzamentáronse 105.000 euros. O mesmo acontence co imposto referido aos vehículos (IVTM), onde a cifra do padrón remitido polo ORAL ascende a 505.000 euros e hai orzamentados un total de 455.000 euros. No tocante o Imposto de Bens Inmobles de Natureza Rústica, no exercicio de 2012 o padrón ascende a 35.562 euros, e hai orzamentados 30.000 euros.
En canto aos Bens Inmobles de Características Especiais (BICES) o importe total da recadación recollida no padrón é de 337.356,41 euros. A cifra é o resultado dos tributos que deben de abonar as empresas titulares da autoestrada AP-53 (279.146,01 euros); do parque eólico Monte de San Sebastián (36.696 euros) e do parque eólico Masgalán-Campo do Coco (21.514,18 euros).
“Con estas cifras quedan totalmente desacreditadas as acusacións do PP, que no pleno no que se debatiu o orzamento de 2012 insistiu en que tiñan datos do ORAL e que os ingresos estaban inflados”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández, tamén responsable do departamento municipal de Facenda.
Ainda que advirte que haberá que agardar á liquidación do exercicio, a rexedora silledense sostén, á vista dos padróns, “ que o orzamento que deseñou este goberno non está desvirtuado, e que as cifras se axustan á realidade”, engade. “Aínda recoñecendo que este ano por mor da situación económica poida haber moitos impagos, os datos reflexan que a previsión era acertada”, remarca a rexedora.

Ningún comentario: