Amosando publicacións coa etiqueta DODRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DODRO. Amosar todas as publicacións

Curso de fruticultura na época de sembra para os ususarios e usuarias de Andaina PSM

Chega o tempo da sembra e os usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental xa está a preparar o terreo nas instalación situadas no seu centro no concello de Dodro.

Un labor que coincide co curso de fruticultura que se está a impartir, e que conta co financiamento da Consellería de Política Social. Aférrimos defensores da agricultura ecolóxica, esta é a máxima que rexe este traballo que, xa dende fai anos, realiza a gran familia de Andaina.

Unidade Veciñal de Dodro - Abandono do pleno en protesta pola falta de respeto do alcalde

O concello de Dodro convocounos este martes 15 de outubro a un pleno extraordinario que se celebrou onte mércores 16 ás 8:00 da mañá. A convocatoria foi feita moi cerca das 15:00 horas, isto conleva unha dificultade para recoller a documentación deste pleno e poder realizar a nosa labor de oposición. Tanto é así, que o noso voceiro tivo a documentación no momento de comezar o pleno, nun CD.

Este era un pleno importante, no que se ía decidir os investimentos de obras do concello no ano 2016, pero o alcalde só se preocupou de poñer trabas á oposición.
Parécenos vergoñenta a forma de actuar do alcalde e do grupo de goberno do Partido Popular. Isto xa non é a primeira vez que sucede, xa que o alcalde nos ten acostumados a esta forma de gobernar a golpe de improvisación e á última hora.

A oposición recriminoulle ao alcalde o sucedido, mentres el mostrou durante o pleno unha actitude de desprezo sen sequera facer caso ao que se estaba expoñendo.

Dende a Unidade Veciñal de Dodro cremos que isto só pode atender a dúas explicacións.

Convocatoria feita o día previo
a celebración do pleno
- A primeira é que o alcalde trata de entorpecer ao máximo posible a labor da oposición, dificultando en todo o que pode que a información chegue aos veciños e poder ocultar a súa mala xestión.

- A segunda é unha completa incompetencia á hora de xestionar o concello, que leva a que as decisións se tomen a última hora e os prazos se esgoten ata o final poñendo en risco os investimentos e os dereitos dos veciños de Dodro. Hai que ter en conta que o prazo para a presentación remata o día 18 de decembro.

Todo isto chega despois de agardar durante un mes a que o alcalde convoque novamente para o pleno ordinario que el mesmo suspendeu innecesariamente. Neste pleno tamén se ían tratar temas importantes para os veciños, pero parece que o alcalde non quere problemas en periodo electoral e trata de facer a súa propia propaganda.

Ante a falta de respeto do alcalde cara a oposición e a non permitirnos exercer os nosos dereitos como oposición, os membros da Unidade Veciñal de Dodro decidimos levantarnos e abandonar o pleno en sinal de protesta.

Andaina Pro Saude Mental - Boa participación na primeira xornada de teatro para a saúde

A I Xornada de Teatro en Saúde Mental organizada pola asociación Andaina Pro Saúde Mental, a cal tivo lugar esta fin de semana, acadou un gran nivel de aceptación e participación. Un éxito que se reflexou no só no núemero de organizacións e compañías participantes senón tamén no público asistente. En xeral hai que falar de preto de media ducia de asociaicións e organizacións que non deixaron pasar por alto a oportunidade de por de manifesto o seu traballo, talento e esforzo sobre as táboas do escenario que se instalou no centro que Andaina PSM ten no concello de Dodro, para ser máis exactos no complexo da Paxareira.

O programa incluiu as pezas 'O cazo de Sabela' (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), 'Contos' (Asociación DOA), 'Ábrese o telón' (Albores), 'Microencontros' (Morea Show), 'Romeo e Xulieta' (Andaina Pro Saúde Mental).

O obxectivo desta xornada foi múltiple. Por unha parte compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar os estigmas e prexuízos das enfermidades mentais mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usurarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal por de publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións. 

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración brindada pola Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

Andaina Pro Saúde Mental - I Xornada de Tearo en Saúde Mental

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental ten organizado para o vindeiro venres, 16 de outubro, a I Xornada de Teatro en Saúde Mental. Unha cita que se desenvolverá no salón situado no centro que a asociación ten no complexo da Paxareira, no municipio de Dodro, dende as 11 ata as 19 horas.

O programa previsto inclúe as representación de 'O cazo de Sabela' por parte dos usuarios e usuarias da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; 'Contos', a cargo da Asociación DOA, na que a improvisación e a elaboración dos textos partindo dos personaxes e escenarios son o máis importante; a parte máis cómica e divertida virá da man do grupo da asociación monfortina Albores coa obra 'Ábrese o telón', na que utilizan os chistes como punto de arranque; Morea Show convidará a todas e todos os asistentes a xogar ao póker das emocións a través de 'Microencontros', unha serie de escenas inconexas que convidan á reflexión; para pechar o pano Andaina Pro Saúde Mental ofrecerá 'Romeo e Xulieta', unha versión de Francisco Rey, recentemente estreada con grande éxito na celebración do seu quinto aniversario.

Con todo isto preténdese, por unha parte, compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar estigmas e prexuízos baseados nas enfermidades mentais, mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usuarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal poñer publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións. 

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración da Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

BNG Dodro - homenaxe a Moncho Reboiras

O BNG de Dodro homenaxea a Xosé Ramón Reboiras, recoñecido líder sindical asasinado pola policía fascista

Organiza unha charla-coloquio mañá, sábado 11, baixo o nome ‘Loita política e sindical. Pasado e presente’

BNG Dodro - asamblea do BNG de Dodro



A Asemblea do BNG de Dodro reúnese para planificar o calendario político dos vindeiros meses

Marcaron a axenda de xuntanzas e actos que realizarán para explicar as propostas nacionalistas ante a situación que estamos a vivir

Andaina Bisbarra do Sar - este sábado 5º edición - 50KM en 12 horas


5ª   A N D A I N A   B I S B A R R A  do  S A R

Concellos de PADRON e ROIS  e  ASOC. COLECTIVO REMONTE

50 Km en 12 Horas   (21-ABRIL-2012)

                              Información: www.andainabisbarradosar.com

PREVISION TIEMPO SABADO 21 ABRIL