Desde a posta en marcha deste rexistro no ano 2003, un total de 290 de parellas elixiron en Ames este xeito de legalizar a súa unión.
No que vai de 2012, inscribíronse 20 parellas no rexistro, unha cifra substancialmente superior á contabilizada en anos anteriores.
No último ano, entre os meses de xullo de 2011 a 2012, un
total de
33 parellas amienses inscribíronse no rexistro municipal de
parellas
de feito. Desde a posta en marcha deste rexistro no ano 2003,
un
total de 290 de parellas elixiron en Ames este xeito de
legalizar a
súa unión.
No
que vai de 2012, realizáronse 20 inscricións no rexistro
municipal
de parellas de feito, unha cifra substancialmente superior á
contabilizada en anos anteriores. De feito, en todo o ano 2011
rexistráronse un total de 17 parellas de feito, mentres que no
exercicio anterior foron 14.
O
rexistro de parellas de feito está a cargo da Secretaría Xeral
do
Concello e materializase nun libro formado por follas móbiles,
foliadas e seladas. No regulamento sobre a súa organización e
funcionamento, establécese que poderán inscribirse neste
rexistro
de unións non matrimoniais de convivencia "todas aquelas
parellas, incluso do mesmo sexo, que polo seu libre e pleno
consentimento constituísen unha unión de convivencia non
matrimonial, sexan maiores de idade ou menores emancipados, sen
vínculo de consanguinidade e ningún deles teña sido declarado
incapacitado".
Para
realizar a inscrición, cando menos un dos dous membros da
parella
deberá estar empadroado en Ames. O outro membro deberá tramitar
o
empadroamento despois da inscrición no rexistro. Para realizar o
trámite, a parella debe facer a solicitude no Rexistro Xeral do
Concello e aportar a copia dos seus DNI. Na data fixada para a
inscrición, a parella asinará a acta ante o alcalde e a
secretaria
do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario