Ordes rendiralle a súa homenaxe ó folclore galego este domingo coa celebración do 'Día da Muiñeira'
Participarán o Grupo de Danza Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo e a Agrupación Folclórica Cultural Sementes do Arte.
 |
| Día da Muiñeira 2011 |
Un verán máis o
Concello de Ordes celebra o seu Día da Muiñeira. Unha cita cultural, lúdica e
gratuita coa que pretende rendirlle o seu particular tributo ó noso folclore, a
nosa música, así como a quenes fan posible a difusión e mantemento do legado
cultural e da tradición galega. A cita
será a partir das 20 horas na Alameda de Ordes, anque previamente as 4
agrupacións participantes farán un pasarrúas polo centro de Ordes.
Este ano
cóntase coa participación de: Grupo de Danza Asociación Cultural Veciños de
Leira, Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, Asociación Cultural Camiño
Real de Poulo e a Agrupación Folclórica Cultural Sementes do Arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario