BNG Ordes - as obras da casa do concello están paradas pero se segue a pagar o prestamo

O BNG DENUNCIA QUE AS OBRAS DE REFORMA DA ANTIGA CASA CONSISTORIAL LEVAN 9 MESES PARALIZADAS, MENTRES O CONCELLO ESTÁ PAGANDO UN CRÉDITO BANCARIO DE 700.000 EUROS PARA FACER ESA OBRA 
 Gonzalo Castro acusou ao alcalde de “ter gastado o diñeiro dese crédito noutras cousas e por iso agora existen dificultades para executar esa obra”. 
O portavoz do BNG afirmou que “o alcalde ten desde hai máis de medio ano un informe técnico coas posíbeis solucións aos problemas estruturais do edificio, sen que teña feito nada para continuar coas obras”. 
 Castro lembrou que “o BNG propuxo no Pleno do mes de marzo que se fixese unha consulta popular para que os veciños decidisen entre as distintas opcións baralladas polos técnicos para solucionar os problemas estructurais do edificio, pero UxO e PP opuxéronse”. 
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, denunciou que “a obra de reforma da Casa Consistorial leva 9 meses paralizada, mentres o Concello segue pagando un crédito de 700.000 euros que pediu o alcalde para facer esa obra”. 
Gonzalo Castro acusou ao alcalde de “ter gastado o diñeiro dese crédito noutras cousas e por iso agora existen dificultades para executar esa obra, nunha actitude absolutamente irresponsábel e impropia dun xestor de recursos públicos”. 
Gonzalo Castro afirmou que “esta situación demostra o desgoberno e a improvisación que caracterizan a xestión do alcalde de Ordes, que non contento con endebedar aos veciños con obras de cuestionábel urxencia e necesidade, nin sequera é quen de executalas”. 
O portavoz do BNG afirmou que “o alcalde ten desde hai máis de medio ano un informe técnico coas posíbeis solucións aos problemas estruturais do edificio, sen que teña feito nada para continuar coas obras”. 
Segundo informou o BNG, este informe técnico de urbanismo conclue que a solución para o edificio da Casa Consistorial pasaría por unha destas tres opcións: un profundo reforzamento da actual cimentación e estructura, a construcción dunha nova cimentación e estructura, baleirando o edificio e deixando só a fachada ou, finalmente, a construcción dun novo edificio cun deseño de fachada idéntico ao actual. 
Gonzalo Castro lembrou que “o BNG presentou o pasado mes de marzo unha proposta para que o Pleno acordase celebrar unha consulta popular, para que os veciños e veciñas de Ordes decidisen que solución adoptar para resolver os problemas que ten o edificio da Casa Consistorial, pero tanto UxO como o PP rexeitaron esta iniciativa do BNG”.

Ningún comentario: