Os nenos e nenas que participan na Escola de Verán
visitaron a Casa do Concello
Máis de cen rapaces e
rapazas que asisten a esta iniciativa en Bertamiráns e no
Milladoiro foron recibidos polo alcalde de Ames, Santiago
Amor, e por catro concelleiros/as do goberno municipal.
Os nenos e nenas puideron
sentarse nas cadeiras que ocupan o rexedor e os concelleiros
durante os Plenos. Ademais, puideron facerse unha foto co
bastón do alcalde. A continuación baixaron á praza do Concello
onde puideron subir na moto e conducir un dos coches da
Policía Local.
Ames, 7 de
agosto de 2012. Máis de cen nenos e nenas que
participan este mes na Escola de Verán visitaron esta mañá o
salón de plenos, onde foron recibidos polo alcalde de Ames,
Santiago Amor, e por catro concelleiros/as do goberno
municipal. Os rapaces e rapazas puideron sentarse nas cadeiras
que ocupan o rexedor e os concelleiros durante os Plenos.
Ademais, puideron facerse unha foto co bastón do alcalde. A
continuación baixaron á praza do Concello onde puideron subir
na moto e conducir un dos coches da Policía Local.
Un grupo de
104 nenos/as que participan na iniciativa Escola de Verán, que
se celebra en Bertamiráns e no Milladoiro, visitaron esta mañá
a Casa do Concello. O motivo da visita foi instrutivo e lúdico
á vez. Os nenos e nenas visitaron o salón de plenos onde foron
recibidos polo alcalde e por catro concelleiros/as do goberno
municipal. Nesta
recepción participaron xunto ao rexedor, o concelleiro de
Educación, Bernardo Moar; o concelleiro Servizos, Ramón García
Argibay; a concelleira de Xuventude, María González, e a
concelleira de Cultura, Eugenia Martín.
Os nenos e
nenas puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o alcalde e os
concelleiros durante os Plenos, ocupando por un día os espazos
de responsabilidade dos maiores. Os nenos mostráronse
encantados con esta iniciativa e sentáronse nas diversas
butacas do salón. Os pequenos tamén puideron sacar unha foto
co bastón de mando do alcalde e facer preguntas ao rexedor e
aos concelleiros.
Despois de
estar no salón de Plenos os cativos baixaron ata a praza do
Concello. Os nenos e nenas puideron montar na moto e conducir
un dos coches da policía local. Foi o que máis lles gustou da
visita pois resultoulles moi emocionante poder conectar o
sistema de alarmas da moto e do coche e ver as súas luces
funcionando, así como poñerse os cascos que empregan os e as
motoristas da Policía Local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario