Ordes - éxito de participación no Día do Neno


Centenares de nenos e nenas convertiron o Campo da Feira de Ordes no epicentro da diversión no seu día grande
  Centenares de rapazas e rapaces fixeron posible na tarde do luns que o Campo da Feira de Ordes se convertera no maior centro de divertimento de toda a comarca.
Todo elo grazas ós obradoiros de maquillaxe, globoflexia, xogos populares e viseira, así como polas animacións. Todos eles tamén se cansaron de rir co espectáculo de títeres 'Castañas e legañas', pero onde realmente o pasaron en grande a gran maioría foi coa gran festa da espuma coa que os organizadores pecharon esta cita que se ven celebrando ininterrumpidamente nos últimos anos. Todas estas actividades conformaron o Día do Neno e da Nena que anualmente organiza o Concello de Ordes dentro da súa programación do Verán Cultural.
      Por outra banda a programación do Verán Cultural continuará nos vindeiros días coas seguintes actuacións:

l  Xoves 9 agosto: Maxia co Mago Romarís. Alameda, 20h.
l  Venres 10 agosto: Clown, Grupo Electróxeno. Alameda, 20h.

Ningún comentario: