Un
centenar de mozos e mozas amienses participaron nas
actividades
programadas na Semana da Xuventude
Os
participantes puideron gozar durante toda a semana de
obradoiros,
charlas informativas, deportes de aventura e exhibicións de
cultura
urbana.
As actividades programadas no marco da Semana da Xuventude,
organizada polo Concello de Ames, a través da concellaría de
Xuventude, contaron coa asistencia dun cento de mozos e mozas
amienses. Os participantes puideron gozar durante toda a
semana
pasada de obradoiros, charlas informativas, deportes de
aventura e
exhibicións de cultura urbana. Ademais, os rapaces e rapaces
puideron obter información dos programas dirixidos á mocidade
galega grazas á instalación dunha carpa da Dirección Xeral de
Xuventude en Tapia.
As
actividades da Semana da Xuventude remataron o venres no
Milladoiro
coa celebración dun concorrido obradoiro de Cultura urbana, no
que
os asistentes presenciaron exhibicións e participaron
activamente en
obradoiros de graffite e de breakdance. O aparcadoiro da Casa da
Cultura encheuse de mozos e mozas que gozaron das iniciativas
que se
levaron a cabo entre as 17:00 e as 20:00 horas.
A
semana da xuventude foi unha iniciativa dirixida a toda a
mocidade
amiense para que ocupase o seu tempo de lecer nas vacacións de
verán
con actividades lúdicas e formativas. O obxectivo da Concellaría
de
Xuventude é seguir programando actividades pensadas na mocidade
amiense, que melloren a súa calidade de vida, a súa formación e
o
seu tempo de ocio.
Formación
e lecer
Ao
longo da semana, leváronse a cabo diversas iniciativas
destinadas
aos mozos e mozas de Ames, como un obradoiro de busca de emprego
na
Aula CeMIT ou unha charla informativa sobre a axuda de 200 euros
que
proporciona a Xunta de Galicia para obter o carné de conducir.
A
praia fluvial de Tapia acolleu o día 1 de agosto as actividades
de
deporte de aventura programadas no marco da Semana da Xuventude.
Nesa
xornada, moitos mozos e mozas amienses achegáronse ata Tapia
para
gozar de actividades como o paintball ou o descenso en canoa
desde
Portomouro. Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude instalou
unha
carpa na praia fluvial, onde os asistentes puideron obter
información
sobre os programas que están dirixidos á mocidade galega, así
como
realizar o seu carné xove.
Ningún comentario:
Publicar un comentario