Ordes - ábrese a exposición "O patrimonio marítimo de Galicia"


'O patrimonio marítimo de Galicia' bota amarras nos distintos andares da Casa Consistorial de Ordes
Esta mostra permanecerá aberta ata o 31 de agosto e poderá visitarse de 8 a 15 horas completamente de balde

O Patrimonio Marítimo de Galicia. Este é o título que recibe a exposición que actualmente e ata o próximo 31 de agosto se pode contemplar nos distintos andares da Casa Caonsistorial de Ordes, nun horario que vai de 8 a 15 horas.

     Na mostra plásmase cómo ao longo dos tempos no litoral dgalego se teñen desenvolvido actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar para pescar, transportar e conservar as capturas. Para elo desenvolveuse unha industria baseada na elaboración de barcos e despois de portos para protexelos. Tamén se deixa constancia da  construción e deseño de edificios axeitados para a industria manufactureira do mar, así como dos aparellos, útiles de traballo e técnicas axeitadas a cada costa e ás tradicións das distintas zonas.
    
     Pero o mar é algo máis que reserva de peixe ou vía de comunicación.
Para proveito dalgúns muiñeiros a auga deixase canalizar ata os rodicios dos muiños de maré. Lugar de tráfico, intercambio e comercio, o mar é tamén un espacio susceptible de balizar, vixiar e protexer con fortalezas para defenderse de eventuais agresores.

     Todas estas condicións económicas, climáticas, sociais, etc, conformaron co paso dos séculos unha forma de ser, unhas tradicións, costumes e unha idiosincrasia propia da coñecida como 'xente do mar'. Aspectos concretos que como non podía ser doutro xeito recolle esta mostra que de balde se pode contemplar xa na Concello de Ordes a través dos distintos paneis que a compoñen.

Ningún comentario: