ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN
NO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE VERÁN DESTINADAS AOS MÁIS NOVOS
O Concello de Brión pechou o seu programa de
actividades de verán coa entrega dos diplomas de aproveitamento aos máis
pequenos que durante o mes de xullo tomaron parte das distintas actividades
baixo a denominación "Obradoiros de verán e piscina".
A entrega
correu a cargo do alcalde de Brión, Xosé Luis García, e tivo lugar no pavíllón
deportivo municipal nun acto no que se deron cita os preto de 95 rapaces que
participaron nas distintas actividades.
Alí, nenos e pais déronse cita para a entrega dos diplomas do Campamento
Urbán, que se celebrou do 2 ao 31 de xullo en horario de mañá, e que incluíu
obradoiros, gymkanas e varias excursións e saídas á praia. A estas actividades
acudiron un total de 57 rapaces de entre 4 a 14 anos namentres que na das
actividades que tamén se desenvolveu durante o mes de xullo, o curso de
natación, acudiron un total de 38 menores.
Este último curso, pensado para aqueles rapaces e rapazas que non puideron
asistir ao Campamento Urbano ou que só querían ir a natación, tivo moi boa
acollida. Os rapaces amosáronse moi satisfeitos de poder recoller o diploma
acreditativo do seu curso de natación, que se desenvolveu na piscina cuberta do
concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario