O Concello de Ames realizará un estudo do tráfico
que se rexistra diariamente na avenida Rosalía de Castro do
Milladoiro
Este estudo levarase a cabo
mediante a instalación dun aforador,
un sensor de infravermellos que rexistra os movementos do
tráfico e que estará colocado na vía durante unha semana. O
aforador medirá o tráfico que se rexistra nos dous carrís e
gardará os datos estatísticos.
Os datos rexistrados polo
aforador permitirán saber o número de vehículos que transitan
por esta vía, así como as horas nas que se rexistra unha maior
circulación
O Concello de Ames vén de
encargar un primeiro estudo sobre o tráfico que se rexistra na
avenida Rosalía de Castro do Milladoiro. Este estudo levarase
a cabo mediante a instalación dun aforador, un sensor de
infravermellos que rexistra os movementos do tráfico e que
estará colocado na vía durante unha semana. O aforador medirá
o tráfico que se rexistra nos dous carrís e gardará os datos
estatísticos.
O obxectivo é realizar unha
análise do punto de entrada ao Milladoiro, a través do control
do volume de tráfico que se rexistra na N-550 ao seu paso por
esta poboación. O aforador funciona cun sistema de
infravermellos, que permite distinguir todo tipo de vehículos
que transitan pola vía e contabilizar o volume de tráfico e as
velocidades. Deste xeito, os datos estatísticos rexistrados polo
aforador permitirán saber o número de vehículos que circulan
pola avenida Rosalía de Castro, así como as horas nas que se
rexistra unha maior circulación.
Unha vez transcorridos os sete
días, analizaranse os datos estatísticos recollidos e
elaborarase un estudo sobre as características do tráfico neste
punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario