Bertamiráns
e
Agrón estarán de festa a próxima fin de semana
O municipio de Ames continúa
celebrando as festas estivais. Tras as celebracións da
Madalena no Milladoiro, esta fin de semana será a quenda de
Bertamiráns e Agrón, que celebrarán a Peregrina e San Lourenzo
con tres días de música e baile.
Un ano máis,
Bertamiráns honra á súa patroa coa celebración das festas da
Peregrina. Durante a fin de semana, os habitantes de Ames
poderán gozar dunha ampla oferta de entretemento que pretende
facer as ledicias dos asistentes. O pistoletazo de saída terá
lugar o venres, 10 de agosto, co concerto no Campo da
Peregrina do dúo Rumba Lla. A actuación comezará ás 23,00
horas.
A xornada do
sábado comezará ás 9:00 horas, co anuncio das festas mediante
a tradicional tirada de 21 bombas de palenque. Seguidamente, o
grupo de gaitas Os Castros de Ames levará a cabo o pasarrúas.
Xa pola noite, a verbena comezará ás 23,00 horas co grupo M3.
O prato forte do día virá despois, coa celebración dunha Gran
Gala Musical, na que actuarán artistas de renome como David
Civera, La Década Prodigiosa e Astarot.
O domingo 12
de agosto será a última xornada das festas da Peregrina. A
xornada iniciarase coa tirada das bombas de palenque e co
pasarrúas a cargo da Banda de Cornetas e Tambores de OJE. Ás
12,30 horas celebrarase a misa solemne e a procesión. Ao
remate, a sesión vermú correrá a cargo do Grupo Trova. Pola
tarde, terá lugar ás 19:00 horas o IX Trofeo de Fútbol Café
Don Budi no Campo Municipal. A festa rematará cunha gran
verbena no Campo da Peregrina na que actuarán a orquestra
Capitol e o grupo Trova.
San
Lourenzo en Agrón
A parroquia
de Agrón tamén estará de festa esta fin de semana, na que
honrará ao seu patrón, San Lourenzo. Os tres días haberá misa
solemne ás 13,00 horas. As celebracións, organizadas pola
Asociación Cultural de Festas de San Lourenzo, iniciaranse o
venres, 10 de agosto, día do patrón. Nesta xornada, a sesión
vermú correrá a cargo do Dúo Máster. Na verbena, ademais do
dúo actuará a Orquestra Ciclón.
O sábado, 11
de agosto, os veciños e veciñas de Agrón honrarán ao Santísimo
Sacramento. A sesión vermú estará protagonizada polo Grupo
Nueva Generación, mentres que a verbena contará coas
actuacións do Dúo Óbice e de Nueva Generación. Na xornada do
domingo, dedicada a San Roque, a sesión vermú correrá a cargo
do Trío Soprano, que acompañará na verbena a El Combo
Dominicano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario